NOA PRESAS

O PP é un irresponsábel por vetar a investigación dos partes de garda falsos do Hospital de Valdeorras

Noa Presas
Noa Presas

Presas alerta de que “a irresponsabilidade do PP que non quere esclarecer o asunto nin investir en máis medios para Valdeorras pode acabar custando vidas”.

O PP é un irresponsábel por vetar a investigación dos partes de garda falsos do Hospital de Valdeorras

Hoxe a deputada nacionalista defendeu no Parlamento Galego  “recuperar a área sanitaria de Valdeorras e dotala dos recursos materiais e humanos suficientes para dar cumprimento ás obrigas de atención sanitaria que corresponden en igualdade de condicións ás e aos veciños das comarcas do oriente ourensán” así como “desenvolver unha auditoría independente que esclareza as circunstancias de falsidade dos partes de garda para estabelecer medidas ao respecto e reflexe a dotación de medios materiais e humanos do hospital desde 2009 até a actualidade” xa que nestes anos a provincia de Ourense perdeu 65 profesionais en total coa política do PP.

Presas afirmou que “a denuncia de partes de garda falsos -feita por un profesional a quen agradecemos a súa valentía- é moi grave e amosa o deterioro da sanidade pública ao que nos están levando as políticas do PP na Xunta e que afecta especialmente aos hospitais comarcais, como é o caso do Hospital de Valdeorras, debe haber atención e explicación por parte do goberno galego, pero sobre todo propósito de emenda, tomar medidas para que non volva acontecer algo similar”

Presas aseverou que “isto como mínimo, como mínimo, desvela o fracaso da supresión da área sanitaria como presunta mellora organizativa e a falta de persoal, demostrada en que malia a propaganda do 15 de xaneiro da incorporación de profesionais da OPE en menos de dúas semanas xa había problemas de persoal” por exemplo “a hospitalización a domicilio (HADO) está sen funcionar por falta de persoal desde hai meses, hai tres internistas que abandonaron ou están cunha baixa fóra do hospital, e destes tres internistas non hai cubertos máis que un. A todos estes feitos engádese a falta de transparencia que ten denunciado o cadro de persoal”.

Presas lamentou que “o PP fale de Teruel nunha iniciativa de Valdeorras, iso e a ausencia dos deputados ourensáns do debate demostran que están avergonzados da xestión de Almuíña e máis preocupados das fugas da Deputación que de atender á veciñanza”