O PP impide que prospere a proposta do BNG para urbanizar e ordenar o paseo marítimo de Domaio

Montse Prado
Montse Prado

A deputada nacionalista, Montse Prado acusou ao PP de “oportunismo electoral” por   impedir unha infraestrutura  que cumpre todos os requisitos nun  concello gobernado polo BNG

O PP impide que prospere a proposta do BNG para urbanizar e ordenar o paseo marítimo de Domaio

A deputada do BNG, Montse Prado acusou hoxe ao Partido popular de “oportunismo electoral” tras a votación en contra dunha iniciativa defendida pola propia nacionalista sobre o proxecto de urbanización e ordenación do paseo marítimo de Domaio, no concello de Moaña.

Para a deputada nacionalista,  o Partido popular non  defende aos veciños e veciñas porque obedece a outros intereses. O Partido popular, afirmou, “está na Xunta para poñer paus nas rodas nos concellos que non goberna” en alusión ao goberno municipal do BNG no concello de Moaña liderado pola alcaldesa Leticia Santos.

Na súa intervención, Prado explicou que o proxecto só precisa da autorización de Portos de Galiza, circunstancia que  ao seu xuízo evidencia que a decisión “non é técnica nin de seguridade”, a decisión recalcou  “é política”. Ademais, de existir algún problema de seguridade no vial, este sería responsabilidade  da Xunta de Galiza.

O PP IMPIDE O PASEO MARÍTIMO DE DOMAIO POR INTERESE ELECTORALISTA

En resposta ao anunciou do voto do Partido popular  en contra da iniciativa defendida polo BNG, Montse Prado lembrou  que o convenio aprobado por Portos de Galiza daba luz verde aos técnicos pero a negativa proviña do propio Presidente de Portos de Galiza. O Partido popular, reiterou  non ten ningún interese en defender aos veciños e veciños de Domaio e Portos persiste en “non facer unha obra da súa competencia” pero, a maiores, “tampouco permite que a faga o concello de Moaña”.

Por outra parte, a deputada advertiu que de perderse os cartos destinados ás obras de ordenación e  urbanización do paseo marítimo de Moaña o “único responsable será o Partido popular”, e a consecuencia  repercutirá gravemente sobre os  veciños e veciñas que non poderán contar con esta infraestrutura. Prado recriminou á portavoz do PP por afirmar que Portos de Galiza mostrou a súa dispoñibilidade cando en realidade, manifestou  a nacionalista   é “o único responsable” da paralización do proxecto.

Montse Prado explicou que a seguridade tampouco poder ser utilizada como escusa porque   o vial de acceso ao porto desemboca na PO-555 e a Axencia Galega de Infraestruturas intervirá  para confirmar que non existe ningún risco para a veciñanza de Moaña. É un proxecto para habilitar unha liña peonil e un carril bici na fronte marítima dun aparcadoiro para uso do club de xubilados con capacidade para 50 prazas pero vostedes seguen impedindo que o paseo  sexa posible este ano. Están, remarcou Prado, dilatando a materialización do proxecto por “simple oportunismo electoral” cunha “decisión partidista que cheira que apesta”.

O concello de Moaña non está a reclamar recursos económicos para levar adiante a iniciativa,  só pide que lle  deixen as mans libres  para poder iniciar un proxecto que reclaman os veciños e veciñas. Vostedes usan as institucións como “arma arroxadiza” contra os concellos cando non poden gobernar, concluíu.