Pontón: “ Se a incompetencia fora delito, a Xunta estaría condenada” por delito medioambiental

Ana Pontón en Comisión

A deputada Anas Pontón acusou hoxe á Xunta de “desatender” a petición do concello e veciñ@s de Carnota para actuar “con medidas” protectoras e establecer un plan que evitara o arrastre das cinzas tras o incendio do Pindo

Ana Pontón responde ao secretario xeral de Montes da Xunta

Só actúan con “mentiras e soberbia” manifestou a deputada do BNG, Ana Pontón tras a resposta do secretario xeral de Montes da Xunta, Tomás Fernández Couto a unha pregunta formulada pola nacionalista sobre os efectos da chuvia e arrastre de cinzas nas zonas queimadas durante o verán no concello de Carnota.

“Se a incompetencia fora delito, a Xunta estaría condenada por delito mediombiental continuado. A incompetencia sáenos moi cara a tod@s”, afirmou.

Pola súa parte, Fernández Couto culpabilizou á administración local da maior parte dos problemas xerados en vivendas, instalacións e persoas e a “Xunta traballou con intensidade na e premura na redución e proteción dos suelos".

Na quenda de réplica, a deputada negou as afirmacións do secretario de Montes da Xunta e lembrou que miles de persoas, o pasado 6 de outubro, tras o incendio do Monte Pindo reclamaban, “unha Galiza sen lumes e un rural con futuro”.

A deputada leu parte do manifesto que denunciaba o incendio intencionado do Monte Pindo, “o Olimpo celta e monte sacro dos nos antergos” poñendo en perigo vidas e fogares coa destrución de explotacións agrogandeiras que fixo inútil o “inxente esforzo de extinción”.

Ana Pontón na Comisión de Agricultura e Montes

Os incendios, dixo non teñen a súa orixe só no mixto que os prenden senón en anos e anos de políticas desenfocadas e o “silencio cómplice” dunha administración que desoíu o “berro de milleiros de persoas” que levamos anos pedíndolle á Xunta medidas efectivas de prevención como a “declaración do Monte Pindo, Parque Natural”. Esta, dixo é a única figura de protección que permite a participación directa da sociedade na xestión do espazo e que compromete un orzamento anual para poñelo en valor.

A decisión compete á vontade do conselleiro Agustín Hernández que decidiu ignorar todo aquilo polo que levamos anos loitando e que se converteu hoxe “nun inmenso deserto de cinza”, co gasto inútil de cartos públicos na extinción dos que “unha mínima” parte podería ter atallado a traxedia.

A deputada concluíu afirmando que a política forestal da Xunta representa “un auténtico fracaso” e advertiu que de non mudar o modelo, Galiza seguirá ardendo como aconteceu no Pindo, Xistral, Xurés, As fragas do Eume, o Caurel, A Limia, o Macizo Central e ducias de “espazos naturais valiosísimos”.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG