O Parlamento galego ratifica o seu compromiso co Sahara Occidental

Rolda de prensa do Intergrupo parlamentar

O Intergrupo parlamentario (BNG-AGE-PSdG e PP) presentan as conclusións da misión de observación “Paz co Sahara” tras a visita realizada aos territorios ocupados, o pasado mes de febreiro

Montse Prado en rolda de prensa

O Intergrupo parlamentario, “Paz e Liberdade para o Sahara Occidental” formado polos deputad@s: Montse Prado do BNG,Xavier Ron de AGE, Carmen Gallego do PSOE e Gonzalo Trenor do Partido popular compareceron hoxe ante os medios de comunicación para presentar as conclusión da visita realiza en “misión de observación”, no mes de febreiro os territorios do Sahara ocupados por Marrocos no Sahara Occidental.

Tras lembrar a vixilancia á que foi sometido o intergrupo parlamentario na súa estadía polas autoridades marroquís, a deputada do BNG, Montse Prado destacou a importancia de denunciar a vulneración dos dereitos do pobo saharauí e a loita por rachar o cerco mediatico e a invisibilización da situación de represión imposta por Marrocos.

O 30 de abril ampliación do mandato de MINURSO para garantir os dereitos humanos do pobo saharauí

Prado parabanizou ao Parlamento galego pola declaración institucional sobre o Sáhara Occidental, froito do traballo realizado polos diferentes representantes das forzas políticas galegas. “Resulta vital, dixo, que o vindeiro 30 de abril sexa ampliado o mandato da Misión de Nacións Unidas para o referendo do Sahara Occidental (MINURSO) como garante dos dereitos humanos do pobo saharauí.

Rolda de prensa do Intergrupo parlamentar

A nacionalista aludiu ao acordo do intergrupo parlamentar para exixir, dende o Parlamento galego ao Reino de Marrocos a inmediata liberación dos presos políticos, poñer fin ao espolio de recursos naturais no Sahara Occidental, desmantelara o “muro da vergoña”, respectar o alto o fogo, facer especial fincapé na desaparición das mulleres nos territorios ocupados e instar ao conxunto de institucións públicas do Estado español a continuar co apoio solidario e humanitario.

Implicación dos medios de comunicación

Invitamos aos medios informativos a que traten o conflito do Sahara Occidental con relevancia e continúen o envío de misións de observacións con medios de comunicación que poidan informar con liberdade da vulneración dos dereitos humanos nestes territorios, reclamou.

Finalmente, a deputada denunciou o estado policial da cidade do Aaiún, a ilegalización das asociacións que loitan polos dereitos humanos, e o acoso as manifestacións contra a liberdade de expresión , a lingua, á cultura e a educación.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG