Olalla Rodil: “A rebaixa na AG-55 e AG-57 entre as 12 da noite e 6 da mañá non beneficiará ao tráfico pesado”

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Tilda de “cortina de fume” a medida e demanda a eliminación das peaxes na Costa da Mortes e Valmiñor

Reitera que a manadas non son cinco, hai manadas na política, na Xustiza e  nas institucións

A viceportavoz do grupo parlamentario, Olalla Rodil asegurou que as manifestación do día de onte, en todas as vilas e cidades galegas, no Día Internacional pola eliminación de todas as violencias exercidas contra as mulleres, volveron a sacar ás rúas a milleiros de persoas para unha vez máis, berrar alto e claro que “nos estamos dispostas a aguantar máis a violencia machista”.

A manada, reiterou, a nacionalista, “non son cinco, hai manadas nas institucións, hai manadas na política e tamén na Xustiza” como constamos coas sentenzas das últimas semanas.

Rodil reclamou que “os discursos pasen a ser feitos” e unha maneira de facelo, dixo, e atender as dúas propostas do BNG para incrementar os recursos destinados a  combater  a violencia de xénero, aumentando o orzamento para prevención e loita á violencia contra as mulleres até situalo en 100 millóns de euros e as axudas directas ás vítimas nun 30% para que podan acceder a elas mulleres con ingresos de até mil euros.

A MEDIDA NON BENEFICIARÁ AO TRANSPORTE PESADO

O Goberno galego con Feixóo a cabeza “bordea o ridículo” cando fala das peaxes. Agora, dixo, Rodil, ademais de soportar “a estafa da AP-9” sae  cunha “cortina de fume” co anuncio sobre a  rebaixa do prezo das autoestradas da Costa da Morte e o Valmiñor que dependen directamente da Xunta.

UN ANUNCIO CAMPANARIO

A viceportavoz  parlamentaria asegurou que o anuncio da conselleira Ethel Vázquez  “non vai beneficiar a ninguén ou case ninguén”. Rodil preguntou  cantos galegos e galegas  viaxan pola AG-55 e a AG-57 entre as doce da noite e as seis da mañá?

Segundo os datos da propia Xunta en 2017, explicou, “viaxaron pola Autoestrada da Costa da Morte 600 vehículos (de máis de 12mil) pesados ao día e na do Valmiñor (214) de máis de 7 mil”. Cantos destes circulan de madrugada? Volveu preguntar, un 5%, un 10%, non sabemos a cifra respondeu porque a conselleira tampouco se referiu a ela. Ethel Vázquez non aportou ningún dato sobre os beneficiarios nin a entrada en vigor da nova medida. “un novo  anuncio campanario” do PP, repetiu.

Desde o BNG pedímoslle á Xunta e ao Partido popular  “seriedade” á hora de falar das peaxes e tamén pedimos medidas reais para que as galegas e galegos viaxemos por vías seguras que non supoñan un lastre para as nosas economías. Neste sentido, propuxo,  suprimir as peaxes das autoestradas que discriminan á veciñanza da Costa da Morte e  Valmiñor e votar a favor da iniciativa para a  transferencia da AP-9, que será dabatirá o vindeiro día 11 de decembro no Congreso dos deputados.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG