Galegas 2016

Olalla Rodil: “Precisamos un ferrocarril útil para as persoas que vivimos aquí”

Olalla Rodil e compañeir@s de candidatura na estación do tren de Lugo
Olalla Rodil e compañeir@s de candidatura na estación do tren de Lugo
  • A candidata do BNG por Lugo aposta por un ferrocarril de proximidade para unir as vilas e cidades galegas en “tempos normais e a prezos normais”
  • Candidatas e candidatos do BNG manifestaron diante da estación de Lugo “a necesidade de poder decidir sobre as nosas comunicacións”

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, propuxo a creación dun sistema ferroviario propio por que “queremos e podemos xestionar e deseñar o noso sistema ferroviario”. Rodil afirmou que “o ferrocarril debería ser a conexión natural para unir as vilas e cidades galegas en “tempos normais e a prezos normais”. Rodil estivo acompañada de persoas que forman parte da candidatura nacionalista por Lugo para as eleccións galegas do 25 de setembro.

Olalla Rodil, sinalou o abandono que sofren as conexións ferroviarias en moitos lugares do noso país” e engadiu que “moitas vilas contan con infraestruturas ferroviarias pero, sen embargo, están completamente illadas entre si. A candidata nacionalista dixo que “Lugo está nunha situación terceiromundista neste aspecto” e “non vai haber solución que veña dende fora se dende o noso goberno galego non poñemos os medios para dotarnos de medios ferroviarios”.

Rodil destacou a importancia de que o BNG abra un novo ciclo político no Parlamento Galego para defender os intereses das galegas e galegos e apuntou que “os partidos que toman as súas decisións a nivel estatal non se van preocupar por solucionar problemas que eles consideran provincianos”. Rodil remarcou que unhas das apostas do BNG é defender os sistemas de transporte útiles para as persoas e adaptados ás necesidades do país, ademais de defender a transferencia, a Galiza, da rede de ferrocarril “por que queremos e podemos xestionar e deseñar o noso sistema ferroviario”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG