Galegas 2020

Olalla Rodil fixo un chamamento á participación dende a Ribeira de Piquín, onde votou esta mañá

Olalla Rodil
Olalla Rodil

A cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil, foi unha das candidatas máis madrugadoras á hora de votar.  Exerceu o seu dereito fundamental ás 9.30 horas no Chao do Pousadoiro, na Ribeira de Piquín.

A nacionalista, parlamentaria na última lexislatura, fixo un chamamento á participación. “Sabemos que son unhas eleccións inéditas, nun contexto moi diferente ao que nos gustaría, pero queremos mandar unha mensaxe de tranquilidade e instar a todas as persoas a exercer o seu dereito fundamental ao voto para decidir o futuro do país”, dixo á saída do colexio electoral, instalado no centro de día da localidade.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG