Galegas 2020

Noa Presas: “Seremos chave para un cambio político o próximo 12X que impulse o medio rural”

Noa Presas
Noa Presas

A candidata aposta por impulsar o potencial do Macizo Central e reverter a destrución de superficie agraria e o recorte dos servizos básicos

O BNG preséntase como un proxecto político definido e contrastado garante de construír un rural galego vivo e dinámico

A candidata do BNG por Ourense, Noa Presas, mantivo un encontro con gandeiros da localidade de Montederramo para escoitar a situación pola que atravesa o sector. Presas apostou por reverter a situación actual de destrución de superficie agraria útil e reivindicou o papel da organización nacionalista neste ámbito a partir do 12X para impulsar o potencial do Macizo Central. O BNG reafirmou o seu compromiso co medio rural e amosou unha proxecto político definido e contrastado.

Durante a xuntanza con gandeiros da zona do Macizo Central a candidata do BNG escoitou os problemas do sector gandeiro e recolleu as demandas. Os gandeiros sinalaron como principal problema a destrución da superficie agraria útil, así como a falta de servizos públicos básicos que permitan asentar poboación no medio rural como a zona de Montederramo. “hai que reverter o desmantelamento de 11 anos de goberno do Partido Popular” sinalaron durante a reunión, así como reafirmaron a necesidade de fomentar novas actividades económicas “que sexan complementarias á actividade agrogandeira”.

Pola banda da cabeza de lista polo BNG, Noa Presas, comprometeuse a reverter a actual tendencia e a recuperar 100.000ha antes do ano 2025. “Temos que apostar por modelos de calidade e diversificación e no BNG temos un proxecto político definido e contrastado para o medio rural” sinalou Presas.  o selo de garantía de poder impulsar o potencial do Macizo Central e outras zonas do país que están caendo no abandono. “Seremos a chave para un cambio político o próximo 12X que impulse o medio rural” engadiu a candidata.

“Apostamos por comarcalizar os servizos públicos básicos para que ningún galego ou galega teña que seguir sufrindo o desmantelamento de 11 anos do PP e teñan garantidos servizos tan fundamentais coma o sanitario ou o social á hora de fixar poboación” engadiu Noa Presas. Así mesmo, a candidata nacionalista destacou que levarán a cabo unha lei de reforma das estruturas que priorice os modelos asociativos – unidades de xestión agraria e unidades de xestión forestal- e pularán por actualizar e reactivar o Banco de Terras. “Temos que diversificar a produción agrograndeira e apostar polos produtos de calidade e con prácticas respectuosas co medio ambiente” estableceu Presas.

Aproveitamento do medio forestal

A formación nacionalista tamén aposta por establecer novas directrices para a revisión do Plan Forestal de Galiza. Asemade, sobre a base do carácter multifuncional do monte, a formación pulará  por unha estratexia de regulación, redución e confinamento das masas de eucalipto, así como promoverá a plantación de especies autóctonas de calidade.

“Levaremos a cabo unha nova lexislación de montes, cunha lei específica para os montes veciñais e que teña como obxectivo garantir a sustentabilidade económica, social e medioambiental do monte e o seu carácter multifuncional” engadiu a candidata do BNG.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG