Noa Presas: “PP e PSOE teñen que levantar o veto á intervención pública en Alcoa”

Noa Presas
Noa Presas

Pide abrir o debate sobre o modelo enerxético e que Galiza ocupe unha posición de vantaxe cunha tarifa eléctrica propia

A deputada do BNG, Noa Presas  recrimina ao PP e PSOE falta  de propostas para un marco enerxético estable. Na súa opinión, é hora de que o Partido popular e Partido socialista “levanten o veto a abrir a porta a intervención pública” en Alcoa e lembrou que foi Aznar o que vendeu “a prezo de saldo” Inespal a Alcoa. De non ser así, afirma, hoxe teríamos “unha empresa pública no sector”.

Para a portavoz de Industria do BNG, a reunión prevista entre as administracións e a dirección de Alcoa, constatou “a falta de implicación do Estado e falta de peso político da Xunta de Galiza” que non foron sequera  capaces de condicionar cambios para a próxima poxa de interrompibilidade, a pesar dos  riscos que conleva para o sector e para a propia Alcoa.

A deputada do BNG reitera que a única alternativa é “a intervención pública” e abrir un debate sobre o modelo enerxético  no que Galiza goce “dunha posición de vantaxe cunha tarifa eléctrica galega que permitiría  beneficiarnos de posicións competitivas”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG