GALEGAS 2020

Noa Presas: “É máis importante que nunca ir a votar e que decidamos que aposta escoller para o futuro do noso país”

Noa Presas
Noa Presas
A cabeza de lista do BNG por Ourense exerceu o seu dereito a voto ás 10h da mañá e animou a participar a todo Ourense e ao resto do país
Noa Presas: “É máis importante que nunca ir a votar e que decidamos que aposta escoller para o futuro do noso país”

A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, animou a toda a veciñanza de Ourense e o país a acudir a votar en masa nesta xornada electoral cumprindo todas as medidas de seguridade socio-sanitaria. Presas sinalou que neste contexto, despois da crise do coronavirus, é esencial elixir “libremente que aposta escoller para o futuro do noso país” e o modo no que saímos desta crise que tamén será económica, ademais de sanitaria e social.

Unha madrugadora cabeza de lista da formación nacionalista, Noa Presas, exerceu o seu dereito a voto ás dez da mañá convencida de que as medidas de seguridade son as necesarias e suficientes. “Que non se deixen levar polos calores que temos hoxe en Ourense” indicaba a candidata sorrindo mentres animaba á veciñanza de Ourense e de todo o país a ir a votar nestes comicios, así como sinalou que poidan facelo “con confianza”.

Neste momento, segundo sinalou Presas, as mesas electorais está funcionando as medidas de seguridade e está habendo “un bo ambiente nos colexios electorais”. “Neste contexto e despois da crise do coronavirus é máis importante que nunca ir a votar e que decidamos cada un de nós libremente que aposta queremos escoller para o futuro do noso país para saír adiante” recalcou Presas.

 

Noa Presas: “É máis importante que nunca ir a votar e que decidamos que aposta escoller para o futuro do noso país”