Noa Presas insta á Directora de Turismo a cumprir os prazos de apertura do albergue de Ourense

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas, deputada do BNG por Ourense, volveu preguntar á Xunta de Galiza no Parlamento polo atraso na apertura do albergue “Ourense leva anos agardando un albergue propio e público na zona vella, prometeron unha e outra vez vostede [Nava Castro] e o señor Jesús Vázquez que estaría listo en 2017, imos acabar 2018 e segue pechado”

Presas recordou que “o BNG xa peguntou en febreiro e aseguraron que estaría en verán, despois duns imprevistos. Construír en zona vella implica riscos e isto demostra que fallaron na planificación, pero é que por riba recepcionan a obra en xuño e segue pechado”.

A Directora de Turismo xustificou a demora na necesidade de asinar un novo convenio de cesión despois dun informe xurídico do Concello de Ourense. Porén “para o BNG se ese convenio está xa actualizado é impresentable que continúen sen acelerar a apertura, espero que non estean agrdando a facer unha vez máis con recursos da Xunta campaña electoral”.

Para o BNG “A hemeroteca está aí e tanto o alcalde como a Xunta de Galiza aseveraron publicamente en repetidas ocasións que estaría listo en 2017, polo que ao non ser así deberían explicar as causas do novo incumprimento do PP con Ourense e informar dos prazos de apertura xa que 8 meses despois da nosa pregunta seguimos con escurantismo e con desculpas”

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG