Noa Presas: "O goberno galego non pode permitir o peche de ALCOA, ten que actuar xa"

Noa Presas
Noa Presas

Noa Presas volve a pedir no Parlamento galego instar ao goberno de Sánchez a levantar o veto para intervir publicamente en Alcoa

Na quenda de preguntas ao goberno, a parlamentaria do BNG, Noa Presas afirmou que “Galiza non pode permitir o peche de Alcoa” e pediu á Xunta que reclame ao Goberno de Sánchez “levantar o veto para intervir publicamente” na factoría.

A deputada alertou da data limite, “27 de decembro” para aplicar o ERE como antesala ao peche de Alcoa. Estamos, dixo, “en tempo de desconto” e resulta  “inadmisible” que  Galiza que produce de media un 35% de enerxía máis da que precisa e electricidade para a industria doutros puntos do Estado, teñamos empresas que pechan polo prezo da enerxía. “Abandonen o seu sectarismo e defendan Galiza”, sentenciou Presas.

DE NON INTERVIR, O PANORAMA PINTA MAL  

A nacionalista lembrou que están en xogo “400 postos de traballo e por extensión,  a industria electrointensiva galega”, e polo momento seguen sen  recibir unha resposta   do Estado ou  da Xunta.

Vostedes teñen unha responsabilidade porque  gobernaron no Estado e como son os representantes Galiza   deben ter unha estratexia propia que vaia máis alá de buscar culpables.

A deputada  cualificou de “balanzo negativo” do PP non ter cumprido cos acordos parlamentarios, non crear a mesa de traballo, no escoitar aos traballadores nin grupos parlamentarios e sobre todo, permitir “o efecto dominó” coa situación xerada en Ferroatlántica.

O BNG PIDE AO PP QUE ABANDONE A SOBERBIA

“É hora de que abandonen a soberbia e escoiten”. Defendan vostedes “unha tarifa industrial estable no tempo e con prezos predicibles” pero non a cambio de nada, a cambio de compromisos para manter o emprego e a obriga das  empresas a investir na modernización dos procesos produtivos.

Abandone o  “sectarismo”, e ofreza unha saída contra a ameza do peche de Alcoa. 

Trala resposta do conselleiro de Industria, Francisco Conde, a parlamentaria replicou que resulta inaudito que a Xunta non inicie un “diálogo” coa parte social e negue a súa presenza nas reunións entre a  Xunta a  patronal. Presas tamén se referiu á necesidade  dunha  tarifa industrial galega e explicou que dende hai meses, o conselleiro Conde ten enriba da súa mesa unha “proposta detallada” para unha tarifa industrial estable e   avalada por unha forza sindical  que ademais  foi recibida en Bruxelas por un Comisario de Enerxía, membro do Partido popular mentres aquí  aínda “non se fixo unha valoración desa proposta”.

Presas apelou á gravidade da situación de Alcoa para pedir  ao conselleiro que escoite as alternativas que defende o nacionalismo e non renuncie a pedir ao Goberno do Estado a posibilidade dunha intervención pública porque por outra vía non chega ningunha solución, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG