Noa Presas denuncia o desvío a centros de madrileños de mulleres para abortos euxénesicos

Noa Presas e Montse Prado
Noa Presas e Montse Prado

A deputada reclama garantías para abortos euxénesicos   dentro do territorio galego e  ámbito da sanidade pública e destinar o 1% do PIB a políticas contra a violencia de xénero

A deputada do BNG, Noa Presas denunciou hoxe en comisión o desvío de mulleres galegas a centros de Madrid para someterse a abortos euxenésicos. Neste sentido, reclamou “garantir dentro do territorio galego e no ámbito da sanidade pública” esta práctica sanitaria.O aborto, dixo, debe ser “libre, gratuíto, universal e na sanidade pública para todas as galegas e independentemente da súa idade”.

A deputada  anunciou que o BNG xa rexistrou diversas iniciativas pedindo explicacións e responsabilidades ao goberno ante as  denuncias de organización feministas polo desvío de mulleres á sanidade privada de Madrid para realizar abortos euxenésicos, derivadas das áreas sanitarias de Ferrol e A Coruña.

Xa no debate, trala comparecencia da secretaria Xeral de Igualdade, Susana López  Abella para informar sobre o Protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte á violencia de xénero en Galiza, a nacionalista asegurou que segundo os últimos datos, Galiza encabezou no ano 2015 a taxa de feminicidios o que evidencia a necesidade de incrementar as medidas para previr os asasinatos de mulleres. Neste sentido propuxo “destinar o 1% do PIB a políticas de loita contra a violencia de xénero”

Presas recalcou que “unha suma de protocolos” non son  efectivos e puxo como exemplo o  asasinato de Isabel Fuentes, veciña de Verín asasinada nun hospital de Ourense cando se atopaba ingresada despois de recibir  unha agresión machista.

Por outra parte, asegurou que os  protocolos deben contar con recursos públicos para seren efectivos e explicou que  en quince días comezar o debate dos Orzamentos do ano 2018 polo que volveu a reclamar o 1% do PIB para “combater a violencia machista”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG