Galegas 2016

Noa Presas: “Canto máis ten que arder para que Feijóo revise o modelo de loita contra os incendios?”

  • A candidata do BNG por Ourense pide que “o esforzo se centre agora en apagar os lumes, pero que non se demore máis o debate sobre que modelo precisa o monte galego”

“Canto máis ten que arder para que Feijóo sente a falar cos brigradistas, axentes e profesionais que apagan o lume e revise o modelo de loita contra os incencios?”, preguntouse Noa Presas esta mañá.

Presas pediu apoio para todo o persoal que participa nos traballos de extinción e “facer despois, de maneira repousada, o debate, pero sen adialo máis”. A candidata nacionalista dixo que “para empezar haberá que escoitar o que din os profesionais da extinción, que levan anos advertindo que o carácter dos lumes cambiou e que o modelo actual está esgotado”.

Presas lembrou que o informe da Comisión de Incendios de 2006 xa recomendaba mudar o modelo, e engadiu que “se Feijóo non fose un sectario, asumiría a multicausalidade dos incendios, a existencia de novos tipos de lume, algo que negou a conselleira de Medio Rural no Parlamento galego, e a urxencia dun cambio radical”.

Presas afirmou que o que está sucedendo nos montes esta semana, e que sucedeu xa antes, revela que “o modelo actual non funciona, e isto é evidente para todos os sectores implicados no monte”. Onte houbo a lo menos catro lumes de grandes dimensións, dous deles no Parque do Xurés, que puxeron en risco pobos e volveron a levar ao límite ao dispositivo de extinción, recordou Presas e indicou que as primeiras estimacións oficiais -máis de 500 hectáreas queimadas en Oímbra e Requiás- fan pensar nunha catástrofe ambiental similar á de hai un ano en Cualedro.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG