Debate de Orzamentos 2017

Noa Presas : “O BNG non apoiará uns orzamentos que persisten nas políticas de recortes”

DSC_0132
DSC_0132
  • A nacionalista lembrou que o BNG presentou 350 emendas para  crear emprego de calidade e mellorar as condicións de vida dos galegos e galegas pero, a maioría absoluta e absolutista do PP decidiu  “non escoitar nin ceder”.

A deputada  do BNG, Noa Presas cualificou os orzamentos do PP como “una nova cortina de fume” e unhas contas que persisten nos recortes e políticas “austericidas” polo que anunciou que o BNG votará en contra.

Presas explicou que despois de presentar 350 emendas o Partido popular, non estivo disposto a escoitar nin a ceder e utiliza a súa “maioría absoluta e absolutista” para continuar cos recortes dos servizos públicos. Dende o BNG, recalcou, seguiremos traballando desde este Parlamento e dende a rúa para demostrar que “hai alternativas” ao desemprego, as desigualdades sociais e a falta de autogoberno.

Na súa intervención preguntou ao  goberno galego  se é quen de mirar á cara das persoas que viven en 375.000 fogares galegos sen ingresar ao mes  ningún salario mínimo interprofesional e  “tamén á cara”, dicirlles  que a crise   pasou. Hai 13.000 cotizantes menos á Seguridade social  que cando vostedes presentaron en decembro os orzamentos.  Poden mirar á cara a cada unha das 212.078 persoas que están no paro no noso país e dicirlles que todo vai ben, que isto é a recuperación?

Dende o BNG, remarcou,  non compartimos a súa lectura da realidade e  por máis  que repitan que  grazas á súa política “austericida” nos van  convencer do final da  crise. “Non por moito repetir que apostan polo gasto social se vai converter en realidade se non se acompaña de números e políticas reais que recuperen os dereitos perdidos”. Estes orzamentos, engadiu a nacionalista,  están “nas antípodas das nosas prioridades”. Puxemos sobre a mesa alternativas que demostran que é posíbel outro modelo político e a aposta por un cambio de paradigma pero vostedes decidiron “non escoitar nin ceder”.

Na súa intervención, a deputada  reivindicou garantir e restituír os dereitos dos traballadores e traballadoras públicos, impedir que a colaboración pública-privada serva para entregar servizos e infraestruturas públicas a “mans privadas” e en materia fiscal “un novo tipo do IRPF galego aplicado a rendas superiores a 120.000 euros cunha subida do 25%, medida que nos permitiría obter 23 M€ máis”.

 

Por outra parte, insistiu na supresión de modificacións regresivas que o Partido popular acometeu en solitaria no ano 20015 sobre o Imposto de Sucesións e Doazóns co fin de  recuperar 45 Millóns de euros que estamos deixando de recadar. Ademais, Noa Presas tamén reclamou crear un novo imposto sobre grandes superficies comerciais para  mitigar o negativo impacto económico, social e ambiental.

 

Finalmente, a nacionalista destacou as emendas presentadas polo BNG encamiñadas á “rexeneración democrática e a transparencia”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG