Néstor Rego reúnese coas persoas emigrantes retornadas para reclamar maior poder adquisitivo para as súas pensións

Leirós, Néstor Rego e Montse Prado
Leirós, Néstor Rego e Montse Prado
O deputado recalca que se está abrindo unha vía de solucións, mais grazas ao traballo de protesta que o colectivo de emigrantes [email protected] mantivo durante moitos anos
Néstor Rego reúnese coas persoas emigrantes retornadas para reclamar maior poder adquisitivo para as súas pensións

O deputado no Congreso, Néstor Rego,reuniuse en Vilagarcía de Arousa nun acto público coa Coordinadora Nacional de Emigrantes [email protected], acompañado da deputada Montse Prado e o presidente da asociación Marusía, Xosé Lois Leirós, para explicar as persoas afectadas o punto alcanzado no acordo de investidura para solucionar a “estafa” aos nosos emigantes que traballaron noutros países e “contribuíron tamén ao desenvolvemento económico deste país”.

Emigrantes retornadosRego explica o compromiso asinado no acordo, que pretende modificar lexislativamente o agravio que sofren moitos e moitas retornadas de ter dous Estados pagadores ao mesmo tempo. O deputado é consciente de que non é posíbel resolver todos os problemas polo que protestan as persoas afectadas deste colectivo, mais entende que o fundamental si está recollido neste acordo, “abrindo unha vía de solucións” grazas a loita que e mantivo durante moitos anos por parte de colectivos como os que se reuniron no acto de Vilagarcía.

 


RELACIONADO: