CONGRESO

Néstor Rego renunciará a parte dos ingresos para os dedicar á loita contra o coronavirus

Néstor Rego
Néstor Rego
Sabemos que é un xesto simbólico, necesario mais que non resolve os problemas da sanidade pública e da investigación e que non debe desviar a atención do realmente importante: as políticas públicas nos servizos e na protección social e as prioridades de gasto.
Néstor Rego renunciará a parte dos ingresos para os dedicar á loita contra o coronavirus

Consideramos que neste contexto, en que a actividade do Congreso está ao mínimo, fai sentido que os deputados e deputadas renuncien a parte dos ingresos para os dedicar á loita contra o coronavirus. O noso deputado, Néstor Rego, farao.

En todo caso, entendemos que debe ser a Mesa quen decida canto e como para que o esforzo sexa xeral e solidario. Non sería lóxico que en canto uns contribúen, [email protected] -imaxinemos os que saquearon e privatizaron a sanidade pública, coas consecuencias que isto ten- non o fixesen.

A pesar de que o deputado do BNG non está na súa casa -pois por responsabilidade ficou en Madrid- e mantivo plena actividade como parlamentar, mesmo participando na actividade do Congreso (2 Plenos, 3 Xuntas de portavoces e 2 Comisións de Sanidade) Néstor Rego fará a doazón.

En todo o caso, sabemos que é un xesto simbólico, necesario mais que non resolve os problemas da sanidade pública e da investigación e que non debe desviar a atención do realmente importante: as políticas públicas nos servizos e na protección social e as prioridades de gasto.

Por exemplo, podería destinarse bastante máis diñeiro á loita contra o COVID-19 se o Goberno anulase o acordo do Consello de Ministros de 31/03 para contratar Seguridade PRIVADA para o Ministerio de Defensa (71 millóns de euros). Ou se fose eliminada a asignación á Casa Real (9 millóns de euros).

Xa non digamos se o goberno estivese disposto a recuperar os máis de 60.000 MILLÓNS de euros que se deron aos bancos e que non devolveron ou se renuncia á prevista adquisición de avións de combate EF 2000, satélites de control HISDESAT ou submarinos S-80, cun custo multimillonario.

E advertimos de que este xesto non pode ser utilizado -como aconteceu en 2008- para arrastrar detrás recortes de salarios noutros colectivos ([email protected][email protected], [email protected]) Opómonos a que esta nova crise a paguen as clases populares perdendo ingresos e condicións de vida.

 

Néstor Rego renunciará a parte dos ingresos para os dedicar á loita contra o coronavirus