Néstor Rego: “Queremos acabar coa estafa legalizada das portaxes da AP-9”

Caravana pola baixda das peaxes da AP-9 (Compostela) 10
Caravana pola baixda das peaxes da AP-9 (Compostela) 10
A formación nacionalista continúa coas mobilizacións para reclamar unha “AP-9 galega e sen peaxes” cunha caravana automobilística masiva en Santiago de Compostela.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, participa xunto a voceira municipal, Goretti Sanmartín, na caravana automobilística convocada este domingo na cidade de Santiago de Compostela para exixir a aplicación das medidas recollidas no acordo de investidura na autoestrada do Atlántico. A organización nacionalista reclama rematar coa “estafa legalizada” que supón ter as portaxes máis caras do Estado español e sinala o efecto negativo que ten para o desenvolvemento social e económico da Galiza.

Este domingo, máis unha vez o BNG convocou unha caravana automobilística para reclamar unha “AP-9 galega e sen peaxes” na cidade de Santiago de Compostela. Após máis de tres meses esperando a que o Goberno do Estado aplicase as medidas recollidas no acordo de investidura asinado co BNG, a formación nacionalista reclama que se cumpra e se apliquen de maneira inmediata aquelas relativas a autoestrada da AP-9: bonificación do cen por cen para usuarias recorrentes, eliminación das portaxes no tramo Vigo-Redondela e mesmo a absorción das subas previstas nos convenios asinados en 2011 e 2013.

Caravana pola baixda das peaxes da AP-9 (Compostela) 01“O día 1 de xaneiro estes descontos tiñan que entrar en vigor e, pola contra, o que aconteceu foi que anunciaron unha nova suba,  mesmo das máis elevadas, facendo que por cuarto ano consecutivo a AP-9 sexa a autoestrada do Estado español que máis subise” denunciou o deputado do BNG no Congreso. “Tiveron todo un ano para prever os cambios normativos e negociar con AUDASA” continuou sinalando Néstor Rego, “para que, un ano despois de asinar o acordo e tendo xa os orzamentos puidesen aplicarse as rebaixas”.

Rego lembrou que este mércores na sesión de control ao Goberno, a formación nacionalista preguntou sobre a aplicación destas medidas sendo moi positivo que o Ministro de Transportes reafirmara o seu compromiso co cumprimento do acordo do BNG” mais “evitou unha concreción sobre cando tiñan que entrar en vigor esta medidas de desconto das peaxes da AP-9”. A Néstor Rego non lle parece aceptábel porque “tiveron tempo máis que suficiente para poñelas en marcha”.

En todo caso, o BNG anunciou que seguirá traballando para que se apliquen canto antes estas medidas e co obxectivo xeral de que a AP-9 “acabe sendo galega” completando a tramitación da transferencia “e libre de peaxes”. A formación nacionalista entende que é unha autoestrada “que está máis que amortizada despois de máis de corenta anos de concesión”.

Caravana pola baixda das peaxes da AP-9 (Compostela) 14“Hai que saber que só quedan no Estado español tres autoestradas con concesións de longa duración de 75 anos e dúas delas están na Galiza: esta e a AP-53, Santiago-Dozón” destacou Rego. Así mesmo, recriminou que a autoestrada do Atlántico ten as portaxes máis caras do Estado español e mentres o resto de autoestradas da súa xeración “finalizaron ou finalizan a concesión entre 2018 e 2023, a AP-9 aínda continuará coa concesión até 2048 se non se remedia”.

Caravana pola baixda das peaxes da AP-9 (Compostela) 04Un agravio, segundo sinalou o deputado nacionalista, tamén ao noso país porque moitas infraestruturas do Estado foron feitas ou rescatadas con diñeiro público. “Os galegos e galegas pagamos o rescate das radiais madrileñas, máis de 4.000 millóns de euros. A Ponte do Centenario en Sevilla foi ampliada con cargo os Orzamentos Xerais do Estado e, no en tanto, a Ponte de Rande foi ampliada con cargo aos usuarios e usuarias por medio duns convenios que aínda están en vigor” recriminou Rego.

“Queremos rematar con esta estafa legalizada que repercute negativamente nas nosas empresas, na nosa competitividade e que está afectando directamente ao desenvolvemento social e económico do noso país” afirmou o deputado do BNG. A organización nacionalista sinalou que a aplicación destas medidas é “urxente” e que sería un beneficio para “as traballadoras e traballadores que teñen que empregar a autoestrada por motivos laborais e tamén a prol do sector do transporte”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG