Xerais 2019

Néstor Rego pide en Culleredo concentrar o voto no BNG para frear a Vox e Ciudadanos en Galiza

Comprometeuse en Culleredo a utilizar os votos do BNG para reclamar no Congreso  o saneamento integral  da ría do Burgo e a recuperación plena da súa capacidade produtiva

O candidato do BNG ao Congreso por A Coruña, Néstor Rego afirmou Culleredo que  o “28 de abril temos a oportunidade de rematar coa afonía política de Galiza cunha voz propia que a defenda no Congreso e esa voz á a do  BNG”.

No acto público celebrado en Culleredo pediu “concentrar o voto no BNG para frear a VOX e Ciudadanos en Galiza”. Rego non escatimou críticas aos debates entre Pedro Sánchez, Pablo Iglesias, Albert Rivera e Pablo Casado nos que  unha vez máis, dixo  “comprobamos como a ningunha das catro forzas políticas  estatais lles preocupan os problemas dos galegos e galegas”.

Neste sentido, reiteirou que o BNG é a única garantía de que se “fale dos nosos intereses e que Galiza conte no estado”.

CulleredoRego abondou  que  se non ficase claro ao longo de tres anos de ausencia dunha “axenda galega” nas Cortes, a mellor proba desa actitude, “submisa e dependente” e de estar sempre máis preocupados por acatar as ordes que por defender os intereses de Galiza, foron os Orzamentos do Estado para 2019, negociados por Podemos-En Marea co PSOE e votados a favor  destas forzas, a pesar de seren os peores orzamentos de investimentos na Galiza en 17 anos.

“Nese proxecto de orzamentos os grupos de PSOE e Podemos-En Marea esquecéronse  de exixir para nós o mesmo trato que para  outros” .  A diferencia das forzas estatais, os votos do BNG son decisivos para defender os nosos sectores produtivos e impulsar o grande potencial que temos en Galiza, Eu  comprométome a que os vosos votos sirvan para defender a nosa pesca e marisqueo, a  reclamar o incremento das pensións, “en Galiza as segundas máis baixas do estado”, a impulsar políticas de emprego para que a mocidade non se vexa obrigada a emigrar e sobre todo a devolverlle  a Galiza a “relevancia política  que non tivo durante estes tres últimos anos”.

O candidato nacionalista  asegurou que o BNG asume como prioridade reclamar no Congreso  “o saneamento integral da Ría do Burgo e a recuperación plena da súa capacidade produtiva.

No mitin de Cullleredo tamén participou o  candidato  á Alcaldía, Tono Chouciño.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG