Néstor Rego: “O noso país non pode perder catro anos, co BNG Galiza terá voz propia no Congreso”

Néstor Rego
Néstor Rego

No acto de presentación do candidato do BNG á alcaldía da Pobra, Rego afirmou que o equipo encabezado por Ramiro Ouviña  é o mellor aval para mudar o rumbo do concello

O candidato á alcaldía da Pobra presenta un proxecto con medias dirixidas a  mellorar as condicións de vida dos veciños e veciñas do concello

O cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego participou hoxe no acto de presentación do candidato á alcaldía da Pobra, Ramiro Ouviña.

Rego afirmou que “o noso país non pode perder catro anos máis e co BNG, Galiza terá  voz propia no Congreso”. Perder catro anos máis, explicou  o candidato,  e perder “oportunidades, investimentos e melloras nas condicións de vida das persoas”. Todos sos  galegos e galegas, explicou o nacionalista, sabemos moi ben o que dan de si as “forzas de obediencia española” e das   promesas  que logo incumpren. Esquecen  sistematicamente de Galiza e o mellor que o mellor exemplo acabamos de velo  cos orzamentos do estado. Unhas contas, dixo, pactadas entre Podemos e En Marea co PSOE e que resultaron ser os “peores orzamentos e investimentos”, con pouco máis de 750 millóns de euros en 17 anos.

“Non podemos confiar nas forzas estatais”, remarcou  Rego. Só “unha forza como o Bloque Nacionalista galego vai levantar a voz para defender o xusto e o que nos corresponde como galegos e galegas”.

Ramiro OuviñaXogámonos moito nas eleccións do 28A, de aí que Galiza teña “unha voz que defensa  os nosos intereses sociais e nacionais e  temos que colocar ao noso país  no debate político do estado”. Non podemos permitir que sigan dirixindo o noso futuro na pesca voces de Madrid que descoñecen a nosa realidade, só o BNG será quen de defender o noso sector pesqueiro e marisqueiro como fixemos sempre que estivemos presentes no Congreso.

Ao igual que o vindeiro 28A, engadiu o candidato ao Congreso pola provincia da Coruña, decidiremos  recuperar  a voz propia e colocar a Galiza co papel que merece no Estado pero o  26 de Maio, tamén temos a oportunidade de elixir ao BNG para dirixir o concello da Pobra  con Ramiro Ouviña. E pido todo o voso apoio para Ramiro porque  conta con equipa, proxecto e a capacidade necesaria  para transformar o concello. Concluíu.

Ramiro Ouviña aposta por  dinamizar o comercio, poñer en marcha outro modelo urbanístico para as persoas  e mellorar os servizos básicos

Ramiro Ouviña presentou o proxecto do BNG que recolle entre outras medidas: a creación de   solo empresarial, apoio ao comercio e produtos de proximidade así como incentivos  para as  pequenas e medianas empresas.

Na súa intervención, tamén defendeu “unha Pobra emprendedora” co  establecemento de novas empresas para fomentar o emprego e formación da mocidade e das mulleres. Unha Pobra, dixo, “a medida das persoas” e para iso é preciso regular as zonas peonís, crear itinerarios escolares seguros e recuperar a titularidade das vías urbanas.

Queremos “unha Pobra limpa” e para iso dende o BNG priorizaremos o investimento e dotación de saneamento e auga potábel e a  limpeza de rúas, estradas e camiños. Temos que coidar os nosos espazos naturais e patrimoniais, recalcou o candidato polo que avanzou que ampliará  o número  de contedores para papel, vidro e aceite usado.

 Unha Pobra comprometida coa cultura e o deporte, cos servizos públicos e de calidade, con vivendas de emerxencia social e o Centro de Información a muller, un concello que manteña o dialogo con todos os colectivos para deseñar medidas e actividades e seguir loitando contra as desigualdades. Ese é o  noso compromiso con todos e todas vós afirmou Ouviña. Esa é a Pobra que queremos e só “o BNG será o protagonista da transformación do noso concello”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG