Xerais 2019

Néstor Rego levará ao Congreso unha proposta para eliminar o uso de pesticidas e herbicidas letais para as abellas

Pide máis compromiso das administracións contra as consecuencias da vespa velutina

Santiago de Compostela, 26 de abril, 2019. 28A. O candidato do BNG ao Congreso, Néstor Rego visitou hoxe a Cooperativa Erica Mel, en Arzúa, onde mantivo un encontro con membros da Asociación Galega de Apicultura.

O candidato do BNG comprometeuse a levar ao Congreso propostas que favorezan o desenvolvemento da apicultura en Galiza así como medidas para poñer coto a mortaldade das abellas que provoca, dixo, grandes problemas ambientais. Neste sentido asegurou que “o uso masivo de herbicidas e pesticidas resultan letais para as abellas” que pasou en poucos anos do 10% até o 30%.

Por outra parte, aludiu ás especies exóticas de maneira principal, á vespa velutina que nos últimos tempos está a crear graves problemas para o sector da apicultura e saúde humana. Neste ámbito, criticou a “falta de unha actuación contundente” das administracións ás que  reclamou un “maior compromiso”.

Para o candidato nacionalista é urxente  impulsar a investigación e métodos que “non sexan nocivos para o medioambiente” así como controlar esta especie foránea que está a provocar un grande dano no noso país.

Finalmente, o candidato do BNG ao Congreso lembrou que é “unha competencia estatal” o control da importación do mel, mesmo fora da Unión europea, ao que sumou  subprodutos que pasan por ser mel e que chegan ao noso país “sen unha identificación clara sobre a súa orixe”. Ese mel, explicou, Rego, debe cumprir co requisito de estar perfectamente identificado para que “non se produza unha fraude” e grave risco para as persoas consumidoras. O produto galego é “de altísima calidade” e debe estar identificado correctamente para que todas as persoas saiban que mercan mel galego e non mel chinés.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG