Congreso

Néstor Rego instou a presidenta de Navantia a que se doten de carga de traballo os estaleiros da Ría de Ferrol

Néstor Rego
Néstor Rego
O deputado nacionalista defendeu converter Navantia da Ría de Ferrol nun Complexo Industrial Integral que diversifique a súa actividade e se abra á construción naval civil, como única forma de asegurar carga de traballo de maneira continuada.

O deputado Néstor Rego, durante a comparecencia da Presidenta de Navantia, Susana Sarriá, na Comisión de Industria, Comercio e Turismo,  reclamoulle a necesidade de asegurar traballo nos estaleiros da Ría de Ferrol.

Rego instou a que “se tomen as medidas necesarias para garantir de forma inmediata carga de traballo até que se inicie a construción das fragatas F 110” ante a situación de horas baixas por que está a pasar a comarca e o sector.

O BNG, subliñou Rego, ve necesario converter Navantia da Ría de Ferrol nun Complexo Industrial Integral, que diversifique a súa actividade mais que a asente sobre a construción naval civil, para acabar coa limitación á construción militar. Rego salientou que é necesario que o centro de Navantia Ría de Ferrol (estaleiros de Fene e Ferrol) se transforme nunha unidade territorial coa dirección única, con competencias plenas en canto a xestión, que permita optimizar os resultados e maximizar as sinerxías entre as diferentes áreas de actividade.

O deputado nacionalista instou tamén a Presidenta de Navantia a afrontar as melloras necesarias nas instalacións e infraestruturas do centro da Ría de Ferrol para encarar con éxito calquera tipo de proxecto: militar, civil, reparacións, grandes transformacións, off-shore, turbinas, eólica mariña, etc...

Aliás, Rego reclamou a Susana Sarriá impulsar a actividade do centro de Turbinas Ferrol, realizando os investimentos necesarios para convertelo en centro de referencia para I+D+i  a respecto de sistemas de propulsión e mobilidade marítima, así como para se recolocar no sector de las enerxías renovábeis.

En referencia ao persoal, o deputado do BNG destacou que é preciso adoptar as medidas pertinentes para que todo o persoal da industria auxiliar que se vexa expulsado do mercado de traballo por causa da actual caída de ocupación poida acceder a unha xubilación en idénticas condicións que o persoal de Navantia.

Ademais reclamou impulsar de maneira inmediata a incorporación de persoal ao cadro de Navantia en idéntico número ao de baixas efectivas e/ou previstas para el período comprendido do 1 de xaneiro de 2019 até 31 de Decembro del 2022, así como garantir a máxima transparencia e a participación da parte social en todas as fases do proceso, e que se prime a incorporación de persoal profesionalmente vinculado ao centro de Navantia a través da industria auxiliar.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG