CONGRESO

Néstor Rego exixe saber en que fase se atopa o proxecto da variante da N-640 o seu paso pola Estrada

Encontro A Estrada
Encontro A Estrada
O BNG preguntou no Congreso pola previsión de dotación económica para a realización da obra da variante por parte do Goberno do Estado de cara aos Orzamentos Xerais do Estado para este 2020.
Néstor Rego exixe saber en que fase se atopa o proxecto da variante da N-640 o seu paso pola Estrada

O BNG exixe saber en que fase de tramitación se atopa o proxecto da variante da N-640 o seu paso pola localidade da Estrada, así como saber cando se prevé que se poida iniciar coa licitación e a posterior execución das obras. O deputado Néstor Rego tamén pregunta pola previsión de dotación económica para a realización da obra da variante por parte do Goberno do Estado de cara aos Orzamentos Xerais do Estado para este 2020.

O BNG considera necesario que se dote economicamente esta actuación nos próximos Orzamentos Xerais do Estado, pois “trátase dunha infraestrutura que necesitará arredor de 40 millóns de euros para levarse a cabo, mais que resulta imprescindíbel para reducir o volume de tráfico que circula polo centro do pobo, para mellorar as comunicacións do concello e reducir a sinistralidade” afirma o deputado.

Néstor Rego preguntoulle o Goberno se prevé a realización dalgunha obra na propia N-640 para reducir a sinistralidade vial e mellorar a seguridade da vía tanto para condutores como para peóns. O deputado lembrou que “a alta densidade de circulación de vehículos e peóns, dan lugar a graves problemas de seguridade viaria”, como se deduce claramente dos múltiples accidentes e atropelos. Só no último ano producíronse máis de 5 accidentes con atropelo de viandantes, dando lugar a feridos de diversa consideración, e incluso á morte dun veciño nun paso de peóns da avenida Benito Vigo fronte o consistorio.