Congreso

Néstor Rego denuncia a situación na que se atopa o Instituto Social da Mariña da Guarda

Néstor Rego
Néstor Rego
O BNG insta a que se manteña aberta esta oficina para dar servizo o sector pesqueiro da zona e se garanta a cobertura das prazas vacantes, establecendo algún incentivo laboral, e así manter o horario completo de apertura da oficina.

O deputado Néstor Rego vén de denunciar a redución de servizos na que se está vendo a oficina do Instituto Social da Mariña situada no Concello da Guarda. Reduciuse drasticamente o horario no servizo, o que está provocando graves problemas ás persoas usuarias, e a preocupación de diversas entidades vinculadas o sector do mar que dependen desta, a única sede física na comarca, para a xestión de múltiples trámites.

Rego instou o Goberno e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social a realizar algunha xestión para garantir a cobertura das prazas vacantes, establecendo algún incentivo laboral, e así manter o horario completo de apertura da oficina do Instituto social da Mariña. “O servizo estase cubrindo, unha vez á semana con persoal procedente doutras oficinas poñendo  en grave risco a súa  continuidade  e recorda  que esta situación súmase a desaparición doutros servizos como a Capitanía marítima tras a morte do seu titular” destacaba o deputado.

O BNG considera que non se pode deixar desaparecer este servizo, pois as actuais reducións horarias están xa creando graves problemas na tramitación administrativa, e supoñen unha desprotección para o sector que debe incrementar os custes e os desprazamentos á  cidade de Vigo para realizar xestións que podería realizar nesta oficina. Rego insiste tanto o Goberno como o Ministerio de Traballo en que se manteña aberta esta oficina para dar servizo o sector pesqueiro da zona e lembra que “A Guarda é unha vila mariñeira cunha importante flota de baixura, altura e marisqueo” ademais conta cun gran número de veciños e veciñas que “dependen deste servizo para realizar as xestións preceptivas para desenvolver a súa actividade no sector do mar”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG