Xerais 2019

Nestor Rego anuncia nun encontro coa comunidade educativa que a prioridade do BNG será derrogar a LOMCE

O candidato do BNG ao Congreso propón avanzar na eliminación dos concertos educativos

O candidato do BNG ao Congreso, Néstor Rego e a candidata á Alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín mantiveron  hoxe un encontro con representantes da Comunidade educativa á que trasladaron  as propostas do programa electoral nacionalista nesta materia.

Rego afirmou que o BNG no Congreso pedirá a derrogación da LOMCE así como avanzar na eliminación dos concertos educativos, sobre todo, "naqueles centros que segregan por sexo". O candidato do BNG avogou por recuperar os postos de traballo eliminados no ensino e destinar o 7% do PIB para dotalo de máis medios e recursos humanos para acadar un ensino universal nunha rede pública, de 0 a 18 anos.

Reivindicou un ensino galego, "publico, galego, laico e en igualdade" e comprometeuse a levar ao Congreso todas as demandas neste ámbito.

Pola súa parte, a candidata á Alcaldía de Santiago Goretti Sanmartín explico que é necesario facer un reforzo de prazas en centros infantis de 0 a tres anos e apoiar  iniciativas dirixidas á galeguización do ensino.

Sanmartín engadiu que preciso impulsar os centros de imnovicion e máis recursos para o ensino universitario

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG