Xerais 2019

Néstor Rego anuncia que o BNG reclamará no Congreso nacionalizar a AP-9 para facela gratuíta

Nacionalización AP-9
Nacionalización AP-9

Demanda de Fomento un proxecto con alternativas  á alta densidade de tráfico na entrada e saída de Milladoiro

O candidato á Alcaldía de Ames, David Santomil avoga por un Milladoiro para “vivir, traballar e libre de contaminación”.

O candidato do BNG ao Congreso, Néstor Rego defende acabar coa “estafa tarifaria da AP-9 e anuncia que no Congreso, unha das prioridades do BNG será presentar unha iniciativa para “nacionalizar a AP-9 e facela gratuíta”

Nunha visita a Milladoiro onde mantivo un encontro co candidato do BNG, ao alcaldía de Ames, David Santomil e  membros da corporación municipal, Rego asegurou que a rotonda que posibilita a entrada ao principal núcleo do concello de Ames, é unha vía que experimenta un denso tráfico e mesmo “corta o núcleo en dous”.

No Congreso, manifestou o candidato do BNG, insistiremos para que o Ministerio de Fomento, “responsábel desta vía”, poña en marcha  un proxecto para desviar o tráfico do núcleo urbano, a través da propia AP-9 xa “liberada de peaxes”. Neste sentido, recalcou, que esta alternativa reduciría os custos da construción “dunha variante”. O proxecto, “non pode adiarse máis” porque, explicou, é necesario  humanizar o Milladoiro e mellorar a calidade de vida de todas as persoas que aquí residen.

Pola súa parte, o candidato á alcaldía de Ames, David Santomil reclamou unha solución para  N-550 que pasa polo Milladoiro e que soporta unha grande densidade de tráfico. Para Santomil, hai que  acometer un  desvío do tráfico pesado e de  vehículos que atravesan e dividen en dous o principal núcleo urbano do concello de Ames. Santomil reclamou unha solución neste tramo para acadar un Milladoiro “máis vivo, dinámico, accesible e menos contaminado”. Ademais, reiterou  que a AP-9 debe ser galega e sen peaxes  e polo tanto, non se pode  dilatar máis  a súa transferencia a Galiza.

“Quereremos un Milladoiro para vivir e traballar e limpo de contaminación”, aseverou 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG