Nestor Rego agradeceu ao alclade de Oleiros as súas recentes declaracións de recoñecemento do traballo do BNG

Reunión Oleiros
Reunión Oleiros
O deputado do BNG, que mantivo un encontro con Angel García Seoane, salientou o seu compromiso para ver cumprido o acordo no referente o saneamento da ría do Burgo e a súa disposición a levar as reivindicacións do concello de Oleiros ao Congreso
Nestor Rego agradeceu ao alclade de Oleiros as súas recentes declaracións de recoñecemento do traballo do BNG

Néstor Rego mantivo un encontro esta mañá co alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, acompañado por unha delegación municipal do BNG conformada polo portavoz municipal do BNG, Fran Rei e Iria Taibo, co obxectivo de poñerse a disposición do concello de Oleiros para trasladar todas aquelas reivindicacións que dependan do Estado na medida en que pode contribuír a mellorar a calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas de Oleiros e da comarca.

O deputado nacionalista agradeceu o recoñecemento que o alcalde ten manifestado polo traballo desenvolto polo BNG, especialmente para impulsar de maneira decidida o proxecto de saneamento e rexeneración da ría do Burgo. Rego lembra que “a rexeneración da ría do Burgo foi un dos puntos que se incorporou o acordo de investidura alcanzado polo BNG” e que debe ser posto en marcha “ao longo deste ano 2020”.

O encontro, que discorreu nun ambiente de cordialidade, serviu tamén para contrastar opinións en relación co contexto político e, especialmente, sobre as eleccións de 5 de abril. Nese sentido, Néstor Rego agradeceu as declaracións públicas de García Seoane no sentido de considerar o BNG como forza política de cambio cara as próximas eleccións galegas. Rego sinalou o convencemento de que “se vai producir unha mudanza política neste este país o próximo 5 de abril” grazas á suma de apoios que está a experimentar o BNG.