Montser Prado denuncia "o silencio" da TVG sobre as gravacions do Ministro de Interior

Montse Prado, responsable Area Internacional

A nacionalista afirmou que mentres outros medios reproducían as gravacións de Jorge Fernández co Xefe da oficina Antifraude de Catalunya, Daniel Alonso, a Televisión galega emitiu “un pantallazo” na páxina web titulando que o ministro de Interior iniciaría unha investigación sobre as conversas gravadas

Montse Prado

A parlamentaria do BNG, Montse Prado criticou hoxe na Comisión de control da CRTVG que a pesar de existir unha lei dos Medios públicos que debe garantir a pluralidade ideolóxica, político e cultural de Galiza e buscar a obxectividade, imparcialidade e neutralidade informativa, no caso das gravacións do Ministro do Interior, Jorge Fernández co Xefe da Oficina Antifrude de Catalunya para intentar incriminar a algún membro de Esquerra Republicana, “non se cumpriu a lei”, xa que mentres outros medios emitían as devanditas gravacións, a TVG minimizou e manipulou a noticia.

A parlamentaria lembrou que en múltiples ocasións, o BNG denunciou a manipulación informativa dos medios de titularidade pública así como “o uso obsceno” da TVG para actuar en beneficio do Partido popular pero esta vez, dixo, cando cremos que xa chegaron ao límite da manipulación sistemática atopámonos que o pasado martes, día 21 de xuño saltou á opinión pública que o Ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz tratou de “fabricar escándalos” contra partidos e cargos en Catalunya conxuntamente co director da Oficina de Antifraude, Daniel Alonso, nas vésperas do proceso do 9 de novembro realizado en Catalunya, como desmostras as gravacións publicadas por un xornal. Das gravacións desprendese que se buscaban “casos de corrupción” ao redor da órbita do soberanismo e en concreto de Oriol Junqueras. Esta información foi noticia en todos os medios de comunicación pero na TVG o día 21 “a CRTVG non tivo ningún oco para emitila” a pesar de saltar antes da edición do TX2.

Montse Prado

A parlamentaria lembrou que noutras ocasións, “non houbo problema para cortar a programación” ante noticias de envergadura ou para facer publicidade do anuncio de Feijóo sobre os floteis o que constata que tecnicamente era posible facer o mesmo coas gravacións do Ministro do Interior pero houbo que agardar 24 horas para que a TVG se fixera eco no TX1 baixo o titular “o ministro di ser vítima dunha conspiración e ordenará unha investigación sobre as gravacións”. A TVG, unha vez máis, dixo a nacionalista da “a versión do goberno”.

Montse Prado tamén lembrou que o propio Comité de empresa da CRTVG amosou o seu desacordo coa información emitida e denuncio a manipulación informativa sobre este asunto.

 Sánchez Izquierdo xustifica non emitir as gravacións por descoñecer a súa procedencia

Pola súa parte, o director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo afirmou que na TVG só emiten gravacións sumariais e non as que aparecen nun dixital. Sánchez Izquierdo afirmou que a noticia das gravacións foi noticia de cabeceira do día 22 e ese mesmo día foi tratado tamén en Área Pública pero a gran noticia da xornada era o “brexit” e o tratamento das gravacións do Ministro do Interior recibiu un tratamento menor nos seguintes días ante o impacto do “brexit” no Reino Unido. Ademais, a noticia foi colgada na páxina web e reiterou que non deron as gravacións porque “non sabes de onde proceden e só apareceron nun medio dixital”.

Montse Prado na Comisión da CRTVG

Na réplica a deputada reiterou que o director Xeral da CRTVG “está ao servizo dos intereses do Partido popular” e asegurou que coa súa resposta tentou xustificar o inxustificable ademais de “tomarnos por imbéciles”.

Montse Prado criticou que non foran emitidas as gravacións de Jorge Fernández mentres a TVG emitiu “ata a saciedade” imaxes dos supermercados baleiros de Venezuela cando resultaron ser “imaxes falsas” e tomadas en Estados Unidos. A parlamentaria lamentou que unha vez máis a TVG siga os ditados do goberno e do PP en troques de estar ao servizos de todos e todas os galegos.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG