Montse Prado visitará a residencia de Campolongo para coñecer in situ a situación deste centro de maiores

Montse Prado
Montse Prado

A deputada do BNG integrará unha delegación de [email protected] da Comisión de Sanidade para coñecer as deficiencias do centro denunciadas polo comité de empresa

Montse Prado visitará a residencia de Campolongo para coñecer in situ a situación deste centro de maiores

A proposta do Grupo parlamentario do BNG, unha representación de deputados e de deputadas da Comisión de Sanidade de Política Social da Cámara galega realizan este mércores día 16 unha visita á residencia da terceira idade de Campolongo, por parte do BNG asistirá a portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado.

O obxectivo é  coñecer de primeira man as demandas do cadro de persoal, que leva tempo reclamando medios para poder prestar unha atención de calidade ás persoas maiores usuarias deste centro pontevedrés.

A visita prodúcese tras as reiteradas peticións por parte do comité de empresa de medios técnicos e de persoal para poder dar un servizo digno ás persoas usuarias, moitas delas cun alto nivel de dependencia, tendo en conta que o deseño inicial da residencia era para persoas maiores autónomas, pero que ao longo do tempo este deseño foise modificando e na actualidade conta cunha planta destinada a grandes dependentes.

Máis persoal, mellores equipamentos e adaptación das condicións da residencia ao novo tipo de persoas usuarias son algunhas das demandas dos e das traballadoras da residencia de Campolongo.