Parlamento Galego

Montse Prado solicita a comparecencia de Almuíña pola a morte dun home no PAC da Estrada por falta de médico

Montse Prado
Montse Prado

Prado lembrou que dende a chegada do PP ao goberno o deterioro da sanidade pública galega  foi constante, sobre todo en materia de persoal a través dunha política de recortes con graves consecuencias para a vida. Neste sentido, explicou  que o pasado sábado, no PAC do  concello da Estrada , un home  de 65 anos tras agardar máis de dúas horas no Punto de Atención Continuada desta localidade “falecía” ante a ausencia do único facultativo do PAC que se atopaba fora  atendendo unha urxencia. A deputada explicou que o propio persoal do PAC trasladou hai tempo  á consellería os problemas de  falta de persoal e reclamando  restituír o reforzo, petición que non foi atendida pola   Xerencia do SERGAS e agora, dixo a deputada, constatamos as  “desgraciadas consecuencias”.

O BNG pedirá que compareza no Parlamento galego o titular de sanidade, Jesús Vázquez Almuíña para explicar a morte du home de 65 anos  falecido na tarde do sábado día 4 de agosto no PAC da Estrada cando a única médica do centro se atopaba atendendo outra urxencia fóra.

A parlamentaria insistiu que o  SERGAS debe atender as demandas do persoal sanitario que reclaman medidas urxentes contra a falta de persoal nos centros sanitarios e tomar nota das advertencias do que pode acontecer pola falta de persoal. A situación é “insostible” e os responsables están na  consellería de sanidade e no SERGAS.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG