Montse Prado propón axilizar ao máximo a execución da remodelación da praza de abastos de Cambados

Montse Prado
  • Demanda no Parlamento apurar todos os trámites necesarios para acometer unha obra que o PP anunciou para os primeiros meses de 2015

A deputada por Pontevedra Montse Prado considera imprescindible axilizar todos os trámites pertinentes para poder acometer as obras de remodelación da praza de abastos de Cambados, despois de que o PP anunciase a bombo e prato que as obras se iniciarían nos primeiros meses de 2015, tras asinar un convenio Concello, Consellería de Industria e Ministerio de Fomento en decembro de 2014.

Pero tras o cambio de Goberno municipal en xuño de 2015, a nova equipa local tivo que facer fronte a unha serie de esixencias e tramitacións administrativas que ían demorar meses e incluso anos o inicio das obras, como por exemplo o requisito previo de ter aprobado o Plan especial de Portos para toda zona portuaria de Cambados. “O borrador deste documento aínda foi entregado no concello neste mes de marzo”, advirte Prado.

En dito borrador advírtese que é preciso realizar importantes modificacións no proxecto de remodelación da praza de abastos, “cambios moi considerables que introducen significativas variacións no proxecto presentado en 2014”, explica a deputada, quen avanza “que vai ser case imposible iniciar a obra antes de 2018 pese a ser anunciada como inminente en 2014 por tres administracións do PP”.

Ante esta situación, Prado defendeu no Parlamento reclamarlle ao Goberno da Xunta axilizar a aprobación do plan especial de portos na zona portuaria de Cambados, incluíndo a preceptiva avaliación medio ambiental, para executar a rehabilitación da praza de abastos no menor tempo posible. Proposta que foi rexeitada cos votos do PP.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG