Montse Prado: "O PP non quere voces críticas coa súa política na comisión de investigación de sanidade"

Montse Prado
Montse Prado

Montse Prado reproba o veto do PP sobre a comparecencia do familiar da persoa falecida nos corredores do PAC da Estrada polos recortes e cualifica a comisión de investigación de “paripé”

A portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado afirmou que “non chega e resulta insuficiente ” que  o PP se desmarque das afirmacións realizadas pola experta Beatriz Beatriz González que na súa comparecencia,  na comisión de sanidade, cuestionou o gasto en doentes oncolóxicos sen expectativas. Para a deputada, resulta “moi grave” que nunha comisión de investigación, destinada a analizar as consecuencias dos recortes na Sanidade pública, “o Partido popular vete a comparecencia dun familiar da persoa falecida, este verán, nos corredores do PAC da Estrada por falta de asistencia ao atoparse fora do centro, o único médico do PAC para atender  unha urxencia.

Montse Prado cualifica de “paripé” a comisión de sanidade na que “só comparecen persoas elixidas polo Partido popular” coa intención de “autoexculparse das graves consecuencias dos recortes na Sanidade Pública”.

Por outra parte, a parlamentaria do BNG tamén criticou que na Comisión de investigación, e por  decisión do Partido popular, non comparecerán os traballadores e traballadoras dos PACs que reclaman máis medios e persoal, tampouco estarán presentes os  pediatras, os doentes  e os traballadores en precario. O Partido popular, sontén Prado, “non quere escoitar no Parlamento” as voces das persoas máis afectadas polas políticas regresivas aplicadas polo goberno de Feixóo e por iso, só comparecerán persoas que o Partido popular quere escoitar.

A comisión de investigación da sanidade , insistiu a deputada, non tirará luz sobre os graves problemas derivados dunha “política sanitaria baseada en continuos recortes e privatizacións” pero o peor, dixo, é que tampouco busca solucións nin alternativas, de aí que o Partido popular impida que comparezan as persoas máis afectadas e criticas coa política sanitaria.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG