Montse Prado pide á Xunta que atenda ás demandas do persoal dos PACs “que están ao límite”

Montse Prado
Montse Prado
Montse Prado pide á Xunta que atenda ás demandas do persoal dos PACs “que están ao límite”

A portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, reclamou da Xunta que atenda dunha vez as demandas laborais e de medios profesionais e materiais dos e das traballadoras dos Puntos de Atención Continuada (PACs) nas urxencias extra-hospitalarias, moitas das cales estaban recollidas nun acordo de 2008 que o Goberno do PP deixou en suspenso coa escusa da crise, pero que tampouco se activou pese ao discurso oficial da recuperación.

Entre as demandas do persoal dos PACs, moitas de carácter asistencial ao doentes, como a petición de dotación de equipos completos de [email protected] e [email protected] en todos os puntos de atención continuada, criterios exclusivamente médicos para decidir as derivacións hospitalarias  ou establecer criterios obxectivos para a dotación de persoal nos PACs en base á carga asistencial, dispersión, distribución, distancia ao hospital e número de mobilizacións polo 061 para garantir o dereito a asistencia.

“As condicións de deterioro sanitario e laborais repercuten dun xeito moi evidente na calidade asistencial”, denunciou Prado, quen salientou as condicións de “estres permanente” do persoal dos PACs. “Un día destes vai pasar algo e logo, señor conselleiro, botarase as mans á cabeza”, advertiu a deputada na intervención ante o responsable de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, en relación aos horarios de ata 17 horas os días de semana e de 24 horas os domingos e festivos que realiza este persoal.

“As súas condicións laborais non se revisan dende hai 10 anos, seguen cos mesmos recursos materiais e humanos que hai unha década, cando neste tempo as urxencias non fixeron máis que aumentar e o persoal dos PACs fai o 90% do traballo do 061, son os que medicalizan as ambulancias, van aos domicilios, atenden os accidentes, infartos, entre outras tarefas que realizan continuamente en situación de servizos mínimos”, denunciou Prado, “provocando unha situación de estres e cansazo insoportábel que, obviamente, repercute na calidade asistencial”.

Neste contexto, o BNG demanda da Xunta que atenda as reivindicacións deste persoal sanitario “que leva realizado moitos esforzos e sacrificios para que a situación de deterioro da sanidade pública de Galiza non sexa máis evidente”, concluíu.