Montse prado pide o cese da xerente da Área Sanitaria de Compostela polas declaracións contra o persoal

Montse Prado
Montse Prado

Afirma que as declaracións da xerente culpabilizando ao persoal de contaxiarse na sala do café  inhabilítana  para seguir no cargo

Pide que os aplausos ao persoal sanitario se traduza en estabilidade laboral  

A deputada do BNG, Montse Prado denuncia o “maltrato”  ao persoal sanitario  nas condicións laborais e recursos dispoñibles que durante esta pandemia se agudizaron como evidenciou a insuficiencia de material, falta de protocolos e tests, contratos laborais por días e semanas, prohibición do uso de material para a protección contra o virus ao que agora, hai que sumar as “inaceptables” declaracións da xerente da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez nas que culpabiliza ao profesionais sanitarios de seren os responsables de contaxiarse da COVID-19 nas salas de café e durante os descansos.

Prado tilda as  declaracións da xerente  de “frívolas e irresponsables” sobre todo,  despois do clamor contra a falta de material de protección e tras as  directrices da propia xerente animando ao persoal a “reducir as medidas de protección”. A deputada do BNG insta a Feixóo a que “cese de inmediato” á xerente porque de non ser así  estará avalando súas  declaracións. Por outro lado,  Prado critica que Feixóo louve publicamente o labor dos e das profesionais da sanidade e ao tempo, feitos coma este  “desmintan ese recoñecemento”.

O mellor aplauso para os e ás traballadoras da sanidade pública é garantir condicións dignas e de protección para desenvolver o seu traballo e rematar “coa precariedade laboral, así como a  reposición de  todas as prazas eliminadas”. Prado demanda unha “sanidade pública sen recortes nin privatizacións”,

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG