Galegas 2020

Mini Rivas: "O BNG no goberno é garantía para un rural vivo e con potencialidade económica"

Paiosaco
Paiosaco
Na súa visita á feira, o candidato do BNG compromete medidas dende o goberno  para sacar á horta do seu abandono

O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas visitou hoxe a Feira das Cereixas de Paiosaco que congrega un gran número de produtores e produtoras de horta. Acompañado de membros da candidatura  e o portavoz municipal no concello de A Laracha, Xan Sande, Rivas asegurou que un goberno do BNG na Xunta “non deixará abandonadas ás persoas que desenvolven actividade de horta” e preguntou porque a horta galega e os seus produtos  non están incluída na PAC?

Tras falar con diversos propietarios de hortas con postos na feira , o candidato do BNG asegurou que a horta galega é produtiva grazas “ao esforzo dos produtores e produtoras”. Por outro lado, tamén aludiu ao grave problema dos produtores de leite que están a pasar por unha situación de “extorsión” por parte das industrias que os están obrigando  a asinar contratos nos que figura  que cobran  o leite por riba dos custes de produción. Permitir esta situación, recalcou Rivas , é “culpa de Feixóo e o seu goberno”.

O candidato nacionalista lembrou que unha das principais leccións da COVID-19 puxo de manifesto “o importante papel do rural nas nosas vidas”. Grazas ao rural en Galiza non tivemos escasez de produtos e recriminou a Feixóo  a súa decisión de pechar os mercados ao aire libre mentres os lugares con máis risco eran os centros pechados como os supermercados. O PP, aseverou, só pensa no rural para o seu propio negocio e favorecer os beneficios de ENCE e Grenalia.

Un goberno do BNG na Xunta, afirmou o nacionalista porá “o rural en marcha, con servizos e o desenvolvemento económico que reclama”. Aplicaremos outro modelo forestal para que o noso monte non sexa un “monocultivo de eucalipto”, queremos un monte multifuncional e diverso e que os beneficios que xere revertan no noso país non só “nos petos dalgunhas empresas que logo pagan ao Partido popular con sillóns nos consellos de administración”. Poremos a producir as 170 hectáreas abandonadas para que sirvan de base territorial as nosas explotacións agrogandeiras. No medio rural hai que crear emprego diverso e non exclusivo á actividade no campo o na gandeiría, hai moitas vertentes que deben ser aproveitadas e dende o BNG imos traballar para que vivir no rural non significa ser “cidadanía de segunda”.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG