Mini pide rebentar os niños de velutina con “dinamita se é preciso”, pero hai que acabar con esta praga

Vespa velutina comendo un figo
Vespa velutina comendo un figo

O parlamentario alerta das graves consecunencias da praga da avespa asiática e acusa á Xunta de inacción

O parlamentario do BNG, Xosé Luís Rivas reclamou hoxe na comisión de Agricultura impulsar proxectos de investigación para controlar a poboación e erradicación da véspera  velutina e mentres non se atope unha solución a praga dixo, “ rebentar os niños con cápsulas ou dinamita se é preciso” para non deixar  fora ningunha  raíña e imposibitar a creación de “novos niños primarios”

O deputado mostrou as súas queixas polo que considerou “inacción” da Xunta de Galiza ante un problema de “graves consecuencias” para o equilibrio biolóxico xa que a velutina, explicou,  “é un depredador de poboacións de polinizadores, piar imprescindible da agricultura”.

Rivas tamén  trasladou á Cámara galega a inquedanza das asociacións representativas do sector ante a falta de interlocución coa administración que a pesar de poñer en marcha unha comisión de seguimento  formada por Medio Ambiente, Fegamp e Vicepresidencia  “non hai constancia nin de reunións nin de conclusións” e moito menos de interlocución co colectivo afectado.

Hai que investigar o comportamento da velutina, engadiu o nacionalista,  “non sabemos nada, nin sequera porqué varía tanto”. Sae máis barato investigar  que  agardar a que se produza unha desgraza polo que preguntou donde están os convenios coas tres universidades?. Se temos aparellos, como os drons utilicen todo o que teñan a man para rematar con esta praga. “Un niño de velutina pode acoller ata 30.000 e 50.000 exemplares” o que está a crear unha “intranquilidade manifesta entre a poboación do campo” e vostedes seguen sen reaccionar.

O parlamentario advertiu que se a administración pública non toma medidas urxentes, unha vez máis, terán que ser os apicultores os que  actúen para impedir que a velutina sega destruíndo a produción agraria e denunciou que na  parroquia de Santiso no concello de Touro, a día de hoxe, existen “nove niños sen retirar” despois dun mes de ter avisado á autoridade competente polo que considerou que a proposición non de lei do BNG defendida hoxe en comisión de agricultura “é máis que necesaria”.

A proposición non de lei defendida polo BNG tamén reclamaba potenciar a prevención na primavera mediante trampeo para capturar ás raíñas de velutina e impedir a súa propagación en novo niños e verificar a utilidade de Tragsa no combate desta especie invasora.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG