Mini: “Foron [email protected] e non Medio Ambiente @s que recolleron os residuos do buque “Msc. Eloane””

Xosé Luís Rivas Mini
Xosé Luís Rivas Mini

O deputado do BNG afirma que 40 contedores con mercadorías varias arribaron a costa entre Fisterra e Muxía o pasado 5 de xaneiro sen que fora activado o Plan de Continxencias da Xunta contra vertidos

Mini: “Foron [email protected] e non Medio Ambiente @s que recolleron os residuos do buque “Msc. Eloane””

O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini), formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre a “non activación do Plan de  Continxencias por parte da Xunta” ante os vertidos.

O deputado explicou que o pasado 5 de xaneiro arribaron a costa entre Fisterra e Muxía numerosos produtos e substancias procedentes da apertura de 40 contedores. O parlamentario asegura que foron voluntarios os que retiraron este material cando é obriga de Medio Ambiente,  “avaliar, retirar e xestionar os residuos”.

Pola súa parte, a directora xeral de Calidade Ambiental, Mari Cruz Ferreira respondeu que “todo estaba en orde” e que non había motivo para a alarma, resposta que causou sorpresa ao nacionalista que replicou , “ temos información directa de que o protocolo non foi activado e si o foi, non se fixo notar”. Rivas indicou  que non foi activado o protocolo e  “aínda os voluntarios terán que volver para retirar residuos miúdos”

Na formulación da pregunta, o deputado recalcou  que “unha vez máis, foron os voluntarios os primeiros en chegar e facer o traballo” e  de feito, a Xunta tardou varios días en dispoñer de medios para proceder a retirada e control dos mesmos.

O deputado afirmou que TRAGSA mantívose na cima das praias mentres os voluntarios  recollían o material , actitude que nacionalista recrimino por considerar que é a propia TRAGSA a ten a responsabilidade deste traballo.

Trala resposta da  responsable de Calidade Ambiental, Cruz Ferreira, o parlamentario recomendoulle que se informara ben do acontecido e que esperaba que na próxima comparecencia aportara datos fiábeis , porque, “o que hoxe nos está contando non se corresponde coa realidade que a min me transmiten”, concluíu o nacionalista.