GALEGAS 2020

Mini: “Se o BNG chega ao goberno iniciará a negociación para a estabilidade laboral dos traballadores de incendios forestais”

Critica o “deseño caótico” de extinción de incendios da consellería de  Medio rural e compromete medidas para  que o monte galego sexa “rendible, funcional e biodiverso”
Mini: “Se o BNG chega ao goberno iniciará a negociación para a estabilidade laboral dos traballadores de incendios forestais”

O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas mantivo un encontro telemático con representantes dos traballadores de Incendios Forestais de Galiza (ATRIFOGA) para recoller as demandas do colectivo. Rivas trasladou o apoio do BNG ás reivindicacións dos traballadores de Incendios forestais e comprometeuse a crear unha mesa cos diferentes axentes implicados ao fin de acadar “unha solución á discontinuidade nos contratos” e a “inestabilidade laboral”.

Tras o encontro, o candidato nacionalista afirmou que a creación da figura de “fixos discontinuos”, por parte da Xunta, disfraza “unha precariedade laboral manifesta” con contratos entre tres meses e seis meses. As demandas dos traballadores, dixo o nacionalista buscan “a estabilidade laboral” e non verse obrigados a paróns de dous meses incorporándose despois  a traballar catro meses seguidos.

Rivas trasladou ao traballadores que si “o BNG lidera o goberno” comprometese a iniciar unha negociación cos axentes implicados. Sabemos, dixo que a situación económica non é a máis favorable e o deseño do servizo de extinción de incendios da consellería de Medio Rural é “caótico” pero dende o BNG non facemos promesas que logo non podemos cumprir porque “non somos populistas” e non abandonaremos aos traballadores de incendios forestais. Imos tentar resolver esta situación  e como primeira medida, explicou, “estudaremos unha alternativa á inestabilidade laboral”.

Se chegamos ao goberno, remarcou Xosé Luís Rivas, (Mini), abordaremos este problema pero tamén “a reordenación do monte para convertilo nun monte multifuncional, biodiverso e que produza rendas en Galiza” e non só adicalo á  produción de madeira ao servizo de ENCE.
Mini: “Se o BNG chega ao goberno iniciará a negociación para a estabilidade laboral dos traballadores de incendios forestais”