ANA PONTÓN

Mentres miles de [email protected] se manifestarán o domingo en defensa da sanidade pública, Feixóo estará coa extrema dereita

Foto Ría de Vigo
Foto Ría de Vigo

Replica a Casado que: “As mulleres non somos incubadoras de cotizantes á Seguridade social”

Mentres miles de [email protected] se manifestarán o domingo en defensa da sanidade pública, Feixóo estará coa extrema dereita

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou hoxe en Vigo que o vindeiro domingo “miles de galegos e galegas se manifestarán en defensa da Sanidade pública, mentres Feixóo se manifesta en Madrid coa extrema dereita.”

Este domingo, dixo Pontón, veremos o lonxe que está o Partido popular de Galiza porque ese día haberá dúas  mobilizacións. Unha, na que estará Feixóo “de ganchete” coa extrema dereita en defenda duns valores desfasados e  contra os intereses de Galiza e  súa xa  limitada autonomía. “Unha manifestación que defenderá o racismo, o machismo, a  xenofobia e o odio”, mentres en Galiza, o BNG participará na manifestación con miles de galegos e galegas para defender,  dereitos fundamentais como a sanidade pública.

Unha vez máis, dixo Pontón, o Presidente da Xunta demostra que é Casado quen marca a súa axenda política pero tamén a axenda de traballo até o punto de modificar a súa viaxe a Miami. Pablo Casado “chama a rebato” e obriga a Feixóo  a ir a mobilización de Madrid, unha mobilización, insistiu Pontón que vai en contra de Galiza.     

FEIXÓO, “MONICREQUE” DE PABLO CASADO

Pontón explicou que  estamos ante unha escalada na que o Presidente da Xunta demostra, día a día,   ser “un monicreque” de Pablo Casado e da estratexia de radicalización extrema na que se situou o Partido popular. Neste sentido, cualificou de   “gravísimo” que o PP utilice á Xunta de Galiza para facer “partidismo cutre”. Os galegos e galegas non somos xente extremista e estamos moi lonxe de posicións “racistas, machistas e antigalegas” como as exhibidas por esa “dereita botada ao monte,  desbocada e que perdeu o sentido da realidade”. A Xunta de Galiza non debe facer declaracións institucionais partidistas e si queren criticar o modelo de Sánchez, recalcou a líder do BNG,  Feixóo e Rueda poden ir a sede do Partido popular e facer todas as valoracións que desexen pero nunca utilizar en nome dos galegos e galegas, unha “estratexia radicalizada e onde Feixóo é un recadeiro de Casado”.

AS MULLERES NON SOMOS INCUBADORAS DE COTIZANTES Á SEGURIDADE SOCIAL

Nun encontro con responsables municipais do BNG dos concellos de:  Baiona, Nigrán, Redondela, Soutomaior, Vigo, Pontesampaio, Vilaboa, Moaña e Cangas, a eurodutada, Ana Miranda e o candidato á Alcaldía, Xavier Pérez,  en relación a situación medio ambiental  da Ría de Vigo, a portavoz nacionalista asegurou que como muller e galega síntese  “ofendida e insultada” polas declaración de Pablo Casado ao que replicou que as mulleres “non somos incubadoras de cotizantes á Seguridade social” e debería pedirnos desculpas porque, si non o sabe, as mulleres, sentenciou,  “temos dereito a decidir sobre o noso corpo” e o problema demográfico,  “non é responsabilidade das mulleres”. Pontón reclamou que Feixóo pida a Casado que retire as súas palabras que cualifico de  “ofensivas para a dignidade de todas as mulleres”.