PARLAMENTO GALEGO

Manu Lourenzo: "O plan de docencia non presencial da Xunta é unha nova labazada á comunidade educativa"

Manu Lourenzo
Manu Lourenzo
Critica que a consellería de Educación descargue nos centros de ensino unha  responsabilidade que compete á Xunta e sexan obrigados a presentar un protocolo en sete días que “a Xunta non elaborou en sete meses”
Manu Lourenzo: "O plan de docencia non presencial da Xunta é unha nova labazada á comunidade educativa"

O portavoz de educación do BNG, Manuel Lourenzo cualificou hoxe de “nova labazada á comunidade educativa” a presentación do Plan de docencia non presencial da Xunta,  tras agardar máis de sete meses polas novas directrices ante o incremento dos contaxios pola COVID no sector educativo.

Neste sentido, Lourenzo lembra que na actualidade hai máis de mil alumnos contaxiados, máis de sesenta aulas pechadas e centos de alumnos en corentena, ao  que sumou un  profesorado totalmente  desbordado. “A Xunta non fixo os deberes e agora obriga os centros de ensino a facer nuns días o que a propia Xunta non fixo en sete meses", criticou.

"A Xunta non fixo os deberes e agora obriga os centros de ensino a facer nuns días o que a propia Xunta non fixo en sete meses"

Para o  parlamentario do BNG, a Xunta continúa improvisando e  a pesar de contar con 7 meses para preparar un protocolo para  organizar o ensino a distancia como exixían todos os axentes da comunidade educativa con dotación de profesorado, horarios e recursos,  “a consellería de Educación non presentou nin unha soa liña deste protocolo”. Manuel Lourenzo considera “un insulto” a toda a comunidade educativa que a Xunta anunciara  o protocolo para o  mes de xaneiro, para despois trasladalo a decembro e hoxe  un novo anuncio para informar que serán os centros de ensino os que deban elaborar este plan cun prazo de sete días para a súa presentación.

Na súa opinión, este proceder  confirma o “nivel de irresponsabilidade e improvisación” da consellería de educación e o desleixo da Xunta ante a situación xerada polas consecuencias da Covid no ensino galego, recalca o deputado do BNG.

 

Manu Lourenzo: "O plan de docencia non presencial da Xunta é unha nova labazada á comunidade educativa"