Luśi Bará: “O Plan Director Galego de Axuda Exterior debe recoller as demandas das ONGs”

Luís Bará
Luís Bará

Critica o anunciou do Partido popular sobre o incremento do gasto militar esixido pola OTAN e Trump e pide un plan de  accións reais  que melloren a vida das persoas   

O deputado do BNG, Luís Bará mostrouse hoxe crítico coas previsións do IV Plan director da cooperación galega para o desenvolvemento 2018-2021 presentado en comisión polo director xeral de Relacións Exteriores, Jesús Gamallo.

Para o deputado, o debate non pode circunscribirse a un “relatorio” de actividades presentadas “con gran optimismo”. O plan director de cooperación exterior debe, na súa opinión, recoller as “demandas da Coordinadora de ONGs” e destinarse a mellorar a condicións de vida das persoas.

Neste sentido, aludiu a algunhas desas demandas entre as que destacou a “ fragmentación da calidade  da axuda que mingua  a capacidade para xerar cambios positivos na mellora da vida das persoas” e considerou insuficiente orzamento de  8,8M€ para as comunidades.

O BNG, dixo Bará traemos hoxe aquí estas esixencias e demandas polas que discreparmos do novo plan director e  afirmou que a crise humanitaria non responde ás sete pragas de Exipto, ten causas específicas como as intervencións militares e intereses económicos contrarios  aos dereitos humanos, sobre todo en Africa, causa fundamental do actual “éxodo masivo ao  que Europa rexeita darlle unha resposta axeitada”.

Bará cualificou de “vergoña” o compromiso de Galiza o 26 de setembro do ano 2015 aos que sumou os compromisos incumpridos do Estado español para acoller a 17.737 acollendo finalmente  só a 1.982. A Galiza correspondíalle  unha mínima cantidade e aínda así, manifestou o nacionalista  “non demos moi bo exemplo”. Sobre esta cuestión lembrou que Canadá, en moi pouco tempo, acolleu a 15.000 persoas de orixe siria.

Por outra banda, o parlamentario do BNG  tamén se referiu ao gasto militar e reprobou  a visión do “goberno e do Partido popular” así como  o anunciou de Cospedal sobre un incremento de até 18.000 mil millóns de euros. O anunciou fíxoo, despois de recibir  unha  carta enviada polo secretario da OTAN, “por unha esixencia previa da OTAN e de Donald Trump”. Trump,  “exemplo noxento de xenofobia, de machismo, e de política criminal”. Ese individuo é o que lle está a dar ordes a España para que incremente o seu gasto militar, recalcou.

Bará insistiu na demanda de gasto orzamentario e pediu a Gamallo “coherencia” para que se cumpra “ o 0,2 en estratexia exterior, o  PP debería chegar a esa cifra”.

O depuado do BNG rematou a súa intervención lendo unha frase da ministra de cultura de Mali: “A verdade é que espolian os recursos de Arica  e expulsan aos africanos do continente e logo din que Europa é invadida. A ministra se  se pregunta, quen son os verdadeiros invasores? concluíu.  

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG