Luís Bará: "O PP sigue enrocado no modelo de SOGAMA e non avanza en sistemas sostíbeis co medio ambiente"

Luís Bará
Luís Bará

O parlamentario propuxo seguir o sistema  de composteiros implantado polo concello de Pontevedra, un modelo de vangarda e en liña cos obxectivos marcados pola Unión Europea

 

Santiago de Compostela, 22 de Maio, 2018.- Pleno.  O deputado do BNG, Luís Bará tildou hoxe a comparecencia da  conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato de “autobombo” e falta de respecto ao presentar  as liñas de política en materia de economía circular cando en realidade o Partido popular segue apostando polo  proxecto de ampliación en SOGAMA por valor de 335 M€ en quince anos acompañado do macro trasporte con 158 M€ en dez anos. “500 millóns de euros nun modelo inviable e que nin sequera cumpre os obxectivos marcados pola Unión Europea”. Este modelo só lle interesa á “cátedra de Gas Natural-Fenosa. Eses sí que son os verdadeiros beneficiarios da economía circular”, afirmou o nacionalista.

Para o deputado, resulta un “despropósito” que o Partido popular sega  defendendo  a queima de residuos e non avance cara sistemas de vangarda  que defenden  o medio ambiente como o que está a utilizar o concello de Pontevedra coa implantación de

Composteiros.

Bará replicou á Beatriz Mato que as formas en política son moi importantes entre elas todas as erres, como a de “respecto” e no resulta respectuoso co Parlamento galego presentar unha estratexia de economía circular cando en realidade nin sequera contan “cun documento ou un power point para explicar as liñas desta política”. O deputado criticou que a conselleira anunciara, precisamente  para o día de maná, a presentación das conclusión das mesas de traballo sobre cambio climático ao que hoxe non aludiu na súa intevención. “Así non se fan as cousas en política”, apostilou o nacionalista.

O parlamentario reiterou que a comparecencia de Mato Mato é “vender contidos baleiros e fume embotellado e nada limpo, fume de SOGAMA E ENCE”. Esta comparecencia “simulacro” demostra a ausencia dunha estratexia galega da economía circular e o cambio climático. Teñen vostedes unha visión reducionista da economía circular, e de feito só nos fala da conversión de residuos en recursos pero sen unha folla de ruta propia. Vemos máis grises e marróns que verdes e as  súas políticas vai na  dirección contraria ás previsións e recomendacións europeas. A economía circular, explicou o nacionalista implica todas as partes do proceso dende a xeración  á produción e xestión de recursos. Pero o presentado hoxe obedece máis a unha “operación cosmética e de decorado”.

Luís Bará insistiu en que o capitalismo basease na explotación de recursos,  explotación e desigualdade así como nun  consumo exacerbado de produtos que logo deben ser eliminados por iso é necesario buscar alternativas que deben pasar pola redución dese consumo que representa  unha “ameaza para o planeta”.

Neste marco, a Unión europea lanza o discurso da  economía circular, a economía verde e o cambio climático cun plan de acción presentado xa no ano 2015 e  a maiores   existe un borrador sobre economía circular que vostede nin sequera nomeou na súa intervención porque seguen no camiño de programas pilotos que non van a ningures.

Finalmente, Bará lamentou que Beatriz Mato non aproveitara a ocasión para presentar dende Galiza unha estratexia propia de economía verde circular  como acontece en Holanda, Finlandia e mesmo  en territorios como Escocia e Catalunya. “Reciclen as pilas e póñanse a traballar” porque son vostedes  os campións  do autobombo e dos anuncios de borradores que nunca chegan.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG