Luís Bará pide non pagar as radiais madrileñas se non se rescata AP-9

Intervención Luís Bará
Intervención Luís Bará
  • O deputado Luís Bará demandou adoptar  medidas legais e políticas para evitar que se rescate con fondos públicos as radiais madrileñas e que esa cantidade sexa destinada a rescatar autoestradas de maneira preferente, a  AP-9

O deputado por Pontevedra, Luís Bará lamentou que, unha vez máis, o Partido popular rexeitara a proposta do BNG para impedir que os galegos e galegas paguemos as radiais madrileñas e destinar eses fondos a rescatar a AP-9.

O deputado explicou que os orzamentos do Estado de  2017 son “un axuste de contas con Galiza” e o PP en Madrid toma a Galiza como “terra conquistada”. Agora, engadiu,  seguimos pendentes das negociacións con Canarias, os incrementos nos gastos militares e o pago da débeda mentres en Galiza foron reducidos 440 Millóns de euros e a maiores hai 3.500 M€ para o rescate das autoestradas madrileñas, “un autentico escándalo.Para rescatar AP-9 galega non hai un euro”.

Os gobernos que impulsaron esas autoestradas de construción e xestión privada coa conivencia da banca e das construtoras, convertidas logo en concesionarias,   sabían que, de haber  “beneficios eran para as concesionarias  e se había perdas son para que as paguemos todos e todas con fondos públicos”. O que poderíamos definir como “socialización das perdas e privatización dos beneficios”. O parlamentarios tildou de “gobernos delincuentes” os gobernos de Aznar dos que dixo, que os  seus membros que, non están imputados ou condenados, utilizaron a economía circular, é dicir “as portas xiratorias” de grandes empresas, Aznar en ENDESA, Zaplana en TELEFONICA, Isabel Tocido en ENAGAS, Acebes en IBERDROLA, Josep Piqué, Juan Carlos Aparicio, Ana Palacio, etc, etc.

Por outra parte, Bará cualificou de “agravio” utilizar 3.500 millóns de euros para pagar o rescate das radiais madrileñas cando nos últimos catro ano quedaron sen investir en Galiza máis de 2.000 millóns de euros. E non foi, dixo, como afirmou Feijóo por que había un goberno en funcións no ano 2016 porque eses fondos non foron investidos tampouco nos anos 2013-2014 nin 2015.

O deputado parafreaseou a Feijóo cando dicía “Galiza primeiro”, pois non, respondeu Bará, para o PP,  “primeiro son as autoestradas madrileñas que serán pagadas con orzamentos dos Estado” e pediu romper con esta actitude de “submisión e vasalaxe”.

 Bará replicou ao portavoz  popular que entre   PP e  BNG existen  moitas diferenzas ideolóxicas e unha delas é que o BNG non ten a ningún militante en Soto del Real. Se vostedes continúan así,  “acabarán facendo os congresos en Soto del Real”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG