Luís Bará esixe medidas para reforzar a seguranza na estrada AC-305 ao seu paso por Boiro

Luís Bará
Luís Bará

As beirarrúas en ambos lados da AC-305 carecen de pasos de peóns imposibilitando cruces seguros para persoas e ciclistas  nunha estrada cun  alto volume de vehículos

O deputado por Pontevedra, Luís Bará formulou hoxe dúas preguntas  ao goberno na Comisión de Ordenación do Territorio sobre  a falta de seguranza viaria  nas estradas AC-305, ao seu paso por Boiro, e a PO- 308 entre Pontevedra e O Grove. O nacionalista  esixiu medidas para reforzar a seguridade nestas infraestruturas ante o alto índice de atropelos e sinistralidade rexistrada.

Trala resposta do director xeral da Axencia de Infraestruturas afirmando que os pasos de peóns en moitas ocasións provocan máis inseguridade polo que a Xunta prefire modelos como o das sendas, o nacionalista replicou que pode ser unha “medida parcial” para que as persoas poidan camiñar pero “non resolve o principal problema que é cruzar a estrada”. Para o nacionalista a cuestión reside en como se fan eses pasos de peóns: “se contan con semáforo con pulsador, redutores de velocidade o pasos de peóns elevados”.

A seguridade das persoa, dixo, debe ser “un obxectivo común e prioritario” porque seguen morrendo moitas persoas nas estradas que van camiñando ou son ciclistas. “A redución da velocidade é o principal factor para salvar vidas”, os redutores de límite de velocidade a 40km “non valen” porque os coches moitas veces non os respectan polo que insistiu na necesidade de “reforzar as medidas de seguridade na AC-305 ao seu paso por Boiro.

Ademais da carencia de pasos de peóns, Bará sumou á inseguridade a falta de iluminación no “tramo de cen metros que pasa por debaixo da autovía”  polo que volveu reclamar medidas urxentes para  “salvar vidas”.

O BNG ESIXE MEDIDAS URXENTES PARA GARANTIR A SEGURIDADE NA PO-308

Por outra parte, na mesma comisión o parlamentario do BNG tamén preguntou que medidas vai a aplicar o goberno para reducir os atropelos da PO-308.  Nesta fin de semana, explicou,  producíronse dous atropelos de ciclistas  na estrada que comunica Pontevedra co Grove. Nos sinistros, que tiveron lugar en Poio e Portonovo, os ciclistas resultaron feridos de diversa consideración.

Cos apropelos do pasado día 16, recalcou, a estrada autonómica PO 308 vai camiño de alcanzar o triste récord de ser un dos “viais máis perigosos de toda Galiza”. O pasado mes de abril falecía un ciclista no lugar de Covelo (Samieira) atropelado por un vehículo, e no pasado ano 2014 unha veciña de Raxó morría atropelada diante da súa casa. No  historial desta estrada contabílízanse máis de 10 mortes na última década”. Nos últimos tempos multiplicáronse as voces que reclaman unha “actuación integral” de mellora da seguranza viaria e a accesibilidade nesta vía, coa dotación de beirarrúas, medidas de calmado do tráfico, mellora da mobilidade peonil e ciclista polo que preguntou ao goberno que medidas vai aplicar para recucir a alta sinistralidade nesta infraestura.

O parlamentario criticou a falta de investimentos e unha “actuación integral” e afirmou que as actuacións parciais non resolven os problemas de seguridade como evidencia o treito entre Covelo e Raxó, utilizado pola  veciñanza para cruzar a estrada. O mesmo acorre  na  estrada do concello de Poio con  12 km e na que  vostedes, dixo,  só  van a actuar nun  tramo de 3,7 km. A actuación, apostilou,  debe ser “global” en toda a estrada.

Bará reprochou ao director da Axencia de Infraestruras que non respondera sobre o “vial alternativo de Poio” que permitiría desconxestionar en grande médida o tráfico de paso, “principal problemas das estradas”.

O deputado do BNG concluíu a súa intevención reclamando un “plan intergral”  que garanta a seguridade nas estradas para peóns e ciclistas e que  resolvería, en grande medida, o alto volume de trafico de paso.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG