Luís Bará denuncia “falta de transparencia” nos contratos de transporte público

Luís Bará
Luís Bará

Pide  no Parlamento galego información dos  41 contratos adxudicados, gastos de licitación, empresas adxudicatarias e recursos humanos e materias para cumprir os horarios, servizos e liñas

O deputado do BNG, Luís Bará denuncia “falta de  transparencia” nos contratos de transporte público adxudicados pola Xunta e pide no Parlamento galego  a documentación  relativa aos  gastos de licitación, empresas adxudicatarias, prezo das adxudicación así como información dos   recursos, tanto materiais como humanos pra cumprir os horarios, servizos e liñas.

O parlamentario do BNG salienta que, a día de hoxe, a Xunta non informou dos cambios de servizos e liñas o que, ao seu xuízo está a provocar un gran número de incidencias ás persoas usuarias polo cambio de horarios, paradas, rutas e frecuencias.

O deputado nacionalista afirma que as ofertas económicas das empresas adxudicatarias deben facerse “públicas” e reclama a subrogación de todos os traballadores e traballadoras.

Bará advirte que os problemas derivados polos cambios de rutas e horarios poden incrementarse ao comezo do curso escolar polo que reclama do goberno galego implementar medidas para corrixir esta situación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG