Luís Bará: "As palabras de M.Rajoy son apoloxismo do Franquismo e unha ofensa a Rosalía de Castro"

Rosalía de Castro
Rosalía de Castro

O presidente de goberno, M.Rajoy, cuestiona a decisión democrática do concello de Pontevedra de mudar o nome da rúa Salvador Moreno, un militar golpista franquista, polo de Rosalía de Castro

Luís Bará anuncia que o BNG  presentará unha iniciativa parlamentaria, en forma de pregunta ao goberno galego, para que exprese a súa condena   ás declaracións do Presidente do  Goberno polas críticas do  cambio do nome da rúa do militar golpista, Salvador Moreno   polo de   Rosalía de Castro.

O deputado fai "unha condena rotunda" das palabras de Rajoy sobre o militar golpista, defensor da Ditadura e ministro de Franco así como da falta de respecto a decisión do concello de Pontevedra de galeguizar e feminizar o rueiro dedicándolle a rúa a Rosalía de Castro.

Para o nacionalista, as declaracións de Rajoy insisten no "menosprezo" a unha escritora e figura fundamental no noso país.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG