Comunicado do BNG

É unha inxustiza flagrante que a RAG nunca adicara o Día das Letras Galegas a Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero

Desde o BNG poremos todo o noso empeño colectivo na divulgación da obra e do traballo desenvolvido por Ricardo Carvalho Calero e a súa enorme contribución á normalización da lingua propia e a súa proxección internacional.

Con motivo da decisión adoptada pola Real Academia Galega que excluiu, máis un ano, Ricardo Carvalho Calero de ser homenaxeado no Día das Letras de 2019, a Executiva do Bloque Nacionalista Galego quere facer públicas as seguintes consideracións:

  1. Expresar a máis profunda decepción porque, máis un ano, a Real Academia Galega (RAG) exclúa Ricardo Carvalho Calero de ser homenaxeado no Día das Letras. Esta decepción e mesmo frustración é partillada por moitas persoas, entidades e colectivos lingüísticos, culturais e populares do noso país que agardamos desde hai anos o que entendemos é un acto de xustiza.
  2. O Bloque Nacionalista Galego, a través da súa Executiva Nacional, quere recoñecer a traxectoria e o traballo desenvolvido por Antón Fraguas, sen dúbida unha persoa merecente de toda homenaxe e recoñecemento, exemplo da enorme riqueza da cultura galega que goza de moitas mulleres e homes que poderían ser homenaxeadas.
  3. Porén, resulta unha inxustiza flagrante que Ricardo Carvalho Calero fose proposto en numerosas ocasións ao longo dos últimos anos e, aínda así, a Academia non tivese a valentía de recoñecer a súa figura, traballo e traxectoria na defensa da lingua galega; máis aínda nun contexto de enorme retroceso no uso da lingua propia cuxo futuro pasa por derrogar o marco legal que agride e nega os dereitos lingüísticos do pobo galego mais tamén, por estreitar os vínculos que historicamente unen Galiza coa Lusofonía.
  4. Desde o BNG poremos todo o noso empeño colectivo na divulgación da obra e do traballo desenvolvido por Ricardo Carvalho Calero e a súa enorme contribución á normalización da lingua propia e a súa proxección internacional.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG