Iago Tabarés: “Non quero que as miñas e as vosas fillas teñan que emigrar”

Presentación Allariz
Presentación Allariz

O BNG presenta a súa candidatura para as municipais no Concello de Allariz cunha lista que mestura experiencia e renovación

O candidato do BNG ao Congreso dos Deputados por Ourense, participou da presentación de candidatura da formación en Allariz. A candidata á alcaldía, Cristina Cid aspira a seguir outros catros anos na alcaldía da localidade cunha candidatura que mestura experiencia e renovación. Tabarés negouse a pensar na posibilidade de que a mocidade teña que emigrar, “quero que teñan a opción e a posibilidade de vivir e traballar en Ourense”.

O candidato ao Congreso por Ourense afirmou que “nun escenario sen maiorías absolutas, Galiza ten que ter voz en Madrid para incidir e condicionar as políticas do Estado Español”. Continuou apelando ao espírito do concello de Allariz, que un día decidiu facer un parón e coller impulso da man do BNG para converterse nunha vila transformadora e en alza.

Cristina Cid“Mentres o Euskadi, con forzas propias, consegue transferencias coma o seguro escolar, a lexislación de produtos farmaceuticos ou a concesión de autoestradas, os gobernos do PP e o PSOE, néganlle todas as competencias a Galiza e a Ourense” resalta o candidato Iago Tabarés. Continuou expoñendo que as inversións para Ourense no proxecto de orzamentos de Pedro Sánchez, co beneplácito de En Marea, foi un 27% inferior aos anteriores orzamentos. “Aquí podemos comprobar que os intereses de Galiza e de Ourense non estaban na axenda estatal” sinalou Tabarés.

Iago TabarésO candidato apelou ao verdadeiro voto útil para os galegos e galegas: o voto ao BNG. Porque servirá para frear os recortes da dereita e o avance do fascismo, coa derrogación da Lei Mordaza e a Reforma Laboral ademais de garantir a independencia do poder xudicial e garantir a pervivencia dos servizos públicos. Asemade, tamén “servirá para poñer en valor os nosos sectores produtivos de Galiza e que vertebran o territorio” indica Tabarés. Finaliza apelando ao voto para o BNG, seguindo o exemplo de Allariz para marcar o inicio dun futuro novo para Allariz, Ourense e Galiza.

Presentación AllarizCandidatura de experiencia e renovación

A lista da organización nacionalista aspira a revalidar, por outros catro anos, o mandato baixo o liderazgo da súa cabeza de lista Cristina Cid. Confían en manter o apoio da cidadanía de Allariz coa conxugación da experiencia de persoas que xa estiveron no goberno local, con persoas novas na lista.

Cristina Cid, candidata á alcaldía por Allariz, afronta este reto con ilusión e co apoio dunha equipa preparada para o traballo do futuro Allariz. "Queremos continuar co proxecto que naceu na vila en 1989" afirma Cristina Cid. Desta maneira dan o relevo a figuras tan importantes para a vila e o país como foron Francisco García e Anxo Quintana. Estes últimos, tamén irán na candidatura do BNG no concello como mostra de continuidade do proxecto.

“En Allariz, nestas eleccións decídese a continuidade dun proxecto creador de emprego e aumento dos servizos ou optar por candidaturas de organizacións que expolian e destrúen os concellos como podemos contemplar noutros concellos da provincia de Ourense” sentenza a candidata.

A candidatura está conformada por:

  1. Cristina Cid
  2. Bernardo Varela
  3. Helena Suárez
  4. Iago Santás
  5. María López
  6. Alberto Conde
  7. Maribel Poisa
  8. Samuel Conde
  9. Olga Quintana
  10. Juan Seara
  11. Iria Domínguez

12.  María Xosé Castro

13.  Xulio Pérez

Suplentes

  1. Sandra Chartos
  2. Francisco A. Piñeiro
  3. Pilar Gallego
  4. Manuel Cid
  5. José M. Conde
  6. Roberto Rodríguez
  7. Teresa Devesa
  8. Carmen Blanco
  9. Anxo Quintana
  10. Francisco García
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG