O grupo de memoria histórica do Parlamento Europeo expresa o seu total apoio aos “19 de Meirás”

Apoio grupo memoria histórica
Apoio grupo memoria histórica

Cualifica de anomalía democrática que a existencia da fundación Franco e que esta presente unha denuncia por delitos de odio

O grupo de memoria histórica do Parlamento Europeo expresa o seu total apoio aos “19 de Meirás”

O grupo de traballo de Memoria Histórica do Parlamento Europeo manifestou o seu total apoio aos 19 activistas denunciados pola fundación e a familia Franco por ocupar simbólica e pacificamente o pazo de Meirás o pasado 30 de agosto. Segundo este grupo de traballo, é unha anomalía democrática a existencia desta fundación, pero aínda o é máis que denuncie a un grupo de persoas que pacificamente defenden os valores democráticos.

As eurodeputadas Ana Miranda, Izaskun Bilbao e Jill Evans; e os eurodeputados Jordi Solé, Miguel Urbán,  Ernest Urtasun, Indrek Tarand e Josep-Maria Terri Cabras defenderon no Parlamento Europeo a ilegalización da fundación Franco. Salientan que se trata dunha institución que fai apoloxía do fascismo, tal e como os propios eurodeputados que visitaron Meirás o pasado 4 de maio puideron comprobar.

Ao seu xuízo estamos diante do mundo ao revés, no que esta fundación denuncia por delito de odio a manifestantes pacíficos que loitan contra o fascismo, cando precisamente ela fai apoloxía de Franco e os seus corenta anos de ditadura.

Defenderon ademais o traballo de recuperación da memoria histórica que se está levando a cabo nas diversas zonas do Estado e destacaron no día de hoxe os esforzos que se están facendo para recuperar este pazo e o resto do patrimonio usurpado polo ditador en Galiza..