GALEGAS 2020

Un goberno do BNG priorizará a defensa do medio ambiente e impedirá os vertedoiros disfrazados de canteiras

Medio ambiente
Medio ambiente
Xosé Luís Rivas e Goretti Sanmartín trasladan o apoio do BNG ás demandas das  Plataformas de Miramontes, Casalonga e grupos ecoloxistas e comprométense a frear os ataques contra o medio ambiente 
Un goberno do BNG priorizará a defensa do medio ambiente e impedirá os vertedoiros disfrazados de canteiras

O candidato do BNG por A Coruña, Xosé Luís Rivas e a portavoz municipal no concello de Santiago, Goretti Sanmartín mantiveron hoxe un encontro con representantes das plataformas de Miramontes, Casalonga e grupos ecoloxistas aos que transladaron o apoio do BNG ás súas demandas e a defensa do medio ambiente.

Tras a reunión, Rivas e Sanmartín amosaron o seu compromiso contra os vertidos incontrolados e o rexeitamento ao que consideraron unha “lei de depredación” que está a prexudicar gravemente distintos territorios no noso país pola proliferación de “vertedoiros disfrazados de canteiras onde van a parar todo tipo de refugallos” e prácticas mineiras que esquilman os recursos naturais  cuxas empresas non son obrigadas polo goberno a presentar un plan  de recuperación das zonas de extracción.  Precisamos, afirmou Rivas, garantir un país para ás xeracións vindeiras e para iso temos que combater, “de maneira radical” todos os ataques ao medio ambiente nas súas diferentes vertentes. Non podemos permitir que os nosos ríos e rías sexan contaminadas por practicas empresariais que só buscan os beneficios en detrimento dos nosos recursos e riqueza natural. “O BNG dende o goberno da Xunta dará prioridade a medidas que defendan o noso monte, os ríos e o medio ambiente e impedirá prácticas que atenten contra a nosa natureza”.

 

Un goberno do BNG priorizará a defensa do medio ambiente e impedirá os vertedoiros disfrazados de canteiras